SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024


Durante esta semana imos celebrar faladoiros, obradoiros, exposicións, homenaxes e ata unha foliada!!! O IES Eduardo Pondal está preparado para celebrar as Letras Galegas de 2024, que este ano salientan a figura de Luísa Villalta.



  • Comezaremos o luns cun faladoiro con Sica Romero, nova escritora da Costa da Morte que nos vai falar sobre a súa primeira novela Avelaíñas eléctricas.

  • O mércores, día 15, contaremos coa escritora Rosalía Fernández Rial, á que homenaxearemos este ano dedicáncolle unha árbore do noso patio. Como ela é de Carballo, que mellor árbore que un carballo que simboliza a súa orixe!!  Despois do acto de homenaxe, coa lectura de poemas por parte do alumnado de oratoria, haberá unha foliada, na que todos participaremos da música tradicional e gozaremos cos bailes dos rapaces e rapazas.

  • O xoves, día 16, contaremos coa presenza de Estíbaliz Espinosa que nos ofrecerá dous talleres, un para o alumnado de 2º ESO e outros para o de 3º ESO.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!