Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2020

UN NADAL DE PURO TEATRO: MIL E UNHA CITAS NA COSTA DA MORTE

Imaxe
Nestas datas a oferta de teatro da nosa contorna sempre nos deixa un menú degustación moi gorentoso. Se vos gusta o teatro ou simplemente desexades realizar actividades diferentes ás de acotío, non dubidedes en vos achegardes ás salas de teatro e casas de cultura. Son seguras e de certo que nelas viviredes a experiencia da que por algúns é chamada a "arte total", o teatro. PONTECESO E CORCUBIÓN Reservan no programa de Nadal un espazo para unha compañía moi vinculada á comarca, Talía. Será o 8 de xaneiro cando interveña esta formación, na Casa da Cultura, ás 17.00 horas. Farao co espectáculo titulado « Voa  Voa». VIMIANZO Para ADULTOS. O festival  Viminadal arrincou onte mesmo con  Culturactiva e o seu «Papar  sen cancelas». Este domingo visitarán a localidade Carlos Blanco e Oswaldo  Digón (Casa da Cultura, 20.30), con « Quen  dixo  medo?». O día 26 farao a compañía  Producións  T. Excéntricas, coa obra «Medida x medida» (Casa dá Cultura, 20....

MARIE CURIE

Imaxe
 Marie Curie (1867-1934) Unha pioneira. Unha revolucionaria. Unha inconformista. Unha traballadora incansable. Unha científica con maiúsculas. Para min, unha figura fascinante. Por iso, permitídeme que vos suxira acercarvos a ela a través do cine. Neste mes de decembro estreouse unha nova película sobre madame Curie, dirixida por Marjane Satrape - autora tamén de Persépolis -. Dirección: Marjane Satrapi  Reparto: Rosamund Pike, Sam Riley, Anya Taylor-Joy, Aneurin Barnard, Simon Russell Beale  Título orixinal: Radioactive  País: Reino Unido  Ano: 2019  Data de estrea: 04-12- 2020  Xénero: Biográfico  Guion: Jack Thorne  Fotografía: Anthony Dod Mantle Sinopse: París, 1893. Marie, unha brillante e rebelde científica disposta a cambiar a forma de entender a ciencia, deberá enfrontarse contra a élite académica para levar a cabo as súas investigacións. Despois de unir forzas con Pierre Curie para potenciar os seus estudios, descubre a radia...

ARTESANÍA DE GALICIA

Imaxe
Aproxímase un dos momentos do ano no que compartimos agasallos cos nosos seres queridos. Nestes días previos afanámonos por atopar algo especial para cada un deles, e así gozar da súa cara de ledicia no  momento de rachar o envoltorio e descubrir cal foi a nosa escolla.  Vivimos nun país cheo de artesáns que traballan múltiples disciplinas, e por iso, e aproveitando que é momento de axudar a estes artistas que tantas dificultades están a pasar neste momento; quería propoñervos que este ano merquemos artesanía de Galicia para Nadal... Ou polo menos que nos acheguemos a botar unha ollada ao seu ben facer. Anímovos a visitar a páxina web de Artesanía de Galicia , onde emprenderemos unha viaxe emocionante  navegando polas súas seccións: A Artesanía, Profesionais, A Fundación, Actualidade, Actuacións... No seguinte enlace podedes visualizar o catálogo de Nadal que teñen elaborado para estas datas, unha proposta chea de ideas para todas as idades. Rosa Isabel Rodríguez Vidal, ...

YOTUBEIR@S: A EXPANSIÓN DO GALEGO NA REDE.

Imaxe
Nesta ocasión gustaríanos darvos a coñecer unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo, Rianxo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña: Yotubeir@s. Youtubeir@s é un proxecto de visibilización para os creadores e creadoras en galego, dende obradoiros ata coloquios, debates, xogos, viaxes, experimentos para a proxección do galego como lingua viva na rede. Dende o 2016 ano no que comezou a súa andadura este proxecto, acaba de darse a coñecer as gañadoras e gañadores da IV edición dende o premio ao mellor youtubeir@ ao premio canle, o premio vídeo, á calidade lingüística, á comunicación, ao vídeo musical...en definitiva, toda unha expresión artística e cultural que busca animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos coa finalidade de dar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeir...

PRIMEIROS ENCONTROS DOS CLUBS DE LECTURA

Imaxe
Chegamos á fin deste primeiro trimestre non sen antes comezar coas primeiras reunións dos Clubs de lectura. Ao longo desta última semana terán lugar xuntazas dos diferentres grupos sendo un deles o club de 3º de ESO que finalmente decantouse pola lectura da novela curta en galego Remexido de patacas de Eli Ríos. Esta novela, que resultou vencedora no XL Premio Modesto R. Figueiredo, apela directamente ás nosas conciencias en relación ao tema da violencia de xénero. A protagonista é unha muller como podería ser calquera outra que recibe violencia por parte da súa parella, un home que era un amor cando se coñeceron, pero ao que non se semella o marido que é no presente; ela xa non é quen de lembrar cando a liña se torceu e comezou a debacle, cando se anulou como persoa; mais a nosa protagonista será quen de reaccionar e de sorprendernos. Trátase dunha novela que nos asombra pola dureza do tema, unha historia de violencia, desigualdade e sumisión, aínda que tratada cunhas pingas ...

CONCURSO DE ANINOVO

Imaxe
  R ECIBE O NOVO ANO CUNHA APERTA LITERARIA! O 2020 toca ao seu fin... foi un ano de moooitas experiencias novas, e algunhas novidades chegaron para cambiarnos a vida. Este ano remata cheo de imaxes que gardaremos para o recordo pero chega o momento de recibir con optimismo o 2021!!  O departamento de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca propoñémosvos materializar o cariño polos que nos rodean en forma de agasallo literario. Recibamos este ano cunha imaxe acompañada dunha cita literaria. Podes escoller un pequeno fragmento dunha lectura que te chamase a atención polo que para ti significa, ou citar un pensamento dalgún escritor.  Unha vez que teñades a imaxe, colgádela no Instagram co hashtag #apertaliteraria# e etiquetades a Biblioaponte. Preferentemente a cita ha de ser en Galego.  Terás todas as vacacións para pensalo, ata o 15 de xaneiro! "Dende aquí vexo un camiño Que non sei adonde vai; Polo mismo que n´o sei, Quiexera o poder andar" Rosalía de Ca...

O TEATRO GALEGO ESTÁ DE LOITO

Imaxe
Hoxe trasládovos unha noticia moi triste para o teatro galego: a morte de Pilar Pereira, un referente da dramaturxia no noso país.  Coñecida tamén polos seus papeis no mundo audiovisual, como nas series Mareas vivas, Rías Baixas ou A familia Pita; ou no cine, aínda que tamén tivo compañía propia e escribiu ela mesma pezas teatrais, recibindo no 2013 o Premio de Honra Marisa Soto na gala de Teatro María Casares. A súa carreira é unha das máis longas e frutíferas do noso país. Perda notable para a nosa cultura. Foto da Asociación de actores e actrices.

40 ANOS SIN JOHN LENNON

Imaxe
 O luns 8 de decembro de 1980 John Lennon foi asasinado de cinco disparos efectuados por parte de Mark David Chapman na entrada do edificio onde vivía, o edificio Dakota. John Lennon foi un influínte músico británico de rock que adquiriu fama mundial por ser un  dos membros fundadores da banda The Beatles, pola súa carreira como solista,e polo seu labor como activista político en contra das guerras.

BRAVE NEW WORLD

Imaxe
This year we have a reading club in our library. We are only six member but we hope more people will join us in the future. We are going to start our meetings with the reading of Brave New World , so a brief presentation of this sci-fi classic is required. This novel was published in 1932 by Aldous Huxley. It presents a dystopian vision of the future. It is a world only focused on science and efficiency, where emotions an individuality are forbidden.  Children are created outside the womb and cloned to increase the population. Embryos are chosen for different social classes, making the ones intended for the higher classes physically and mentally strong, whereas those of the lower classes are changed to be imperfect. Ones are bred to be leaders and the others are bred to be menial workers. The main character travels to a "savage reservation" where one of the leaders has a son, John, who has been brought up as people used to live in the past. John is taken to the " brave n...

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

Imaxe
Hoy os traemos una leyenda que se transmitió de generación en generación por tierras castellanas y que el escritor romántico Gustavo Adolfo Bécquer recogió en su conocida obra Leyendas . El Monte de las ánimas es un inquietante relato de corte sobrenatural con todos los ingredientes para mantenernos bien atentos a la trama: tenemos un misterio en un paraje natural en el que se encuentran unas ruinas, una leyenda que habla de fantasmas y almas en pena y una ingenua joven que intenta probar el amor de su enamorado haciendo caso omiso a las advertencias que se hallan en las palabras de antaño. El gallego David Rubín, uno de los valores más en alza del tebeo español, es el responsable de esta adaptación a las viñetas de “El Monte de las ánimas” de Bécquer. Su manera de componer las páginas y la narración, su atractivo dibujo, sus vibrantes trazos y el uso y la elección de los colores, características todas ellas inequívocas de su personalísimo estilo, dotan de una potentísima fuerza al re...

TAL DÍA COMO HOXE... fai 65 anos

Imaxe
             O 1 de decembro de 1955 dábase o primeiro paso en favor da igualdade racial. O lugar: a cidade de Montgomery, capital do estado de Alabama, ao sur dos Estados Unidos. A protagonista; Rosa Park, muller de raza negra que traballaba como costureira duns grandes almacéns. Ela foi a encargada de plantar a “semente do  cambio” cando, ao saír do traballo, se negou a renunciar ao seu asento dun autobús para deixarlle o sitio a un pasaxeiro branco.       Era o momento no que estaban vixentes as chamadas “Leis de Jim Crown” que respaldaban duras medidas de segregación racial. Entre elas regulábase como as persoas debían colocarse nos autobuses: mentres os brancos comezarían a ocupar as filas dianteiras os negros sentarían nas últimas filas. En caso de completarse as prazas entraría en xogo a cor da pel: si eras negro irías de pe, si eras branco unha persoa da fila dos negros deberían levantarse para que ti sentaras.   ...