ATENCIÓN!!! BÚSCASE PÚBLICO LECTOR!!!


Arranca o curso, as actividades da Biblioteca e non podía ser este comezo sen contar co funcionamento dos clubs de lectura.
É por isto que buscamos manter esta dinámica neste novo curso tan especial a pesar das múltiples circunstacias adversas que nos estamos atopando xa sexa as orzamentarias (non hai este curso, de momento, unha convocatoria de apoio aos clubs de lectura escolares por parte da Consellería) ou as funcionais que nos impón esta "tormenta" do coronavirus.
Tentaremos manter os clubs de lectura presenciais aínda que non deixamos de contemplar a opción da virtualidade como forma de partillar impresións e  interpretacións diferentes das lecturas que se propoñan.
Lecturas de xéneros diferentes, en galego, castelán, inglés...pero sempre lecturas que nos permita viaxar a outros lugares, outros tempos, noutras personaxes, onde non atoparemos os límites impostos pola nosa realidade actual.



Para iniciar esta nova andaina lectora precisamos de ti, de vós, lectoras e lectores.
Achegádevos á Biblioteca e anotádevos para participar!


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"