ASINA POR UNHA PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO!!

 Sabiades que a galega é a única lingua oficial do Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil?

Canles como Clan, Super3 ou ETB3 permiten aos rapaces e rapazas do Estado español desfrutaren dos mellores contidos televisivos na súa lingua propia agás as crianzas galegas. Só un 4.6% da programación telivisiva semanal está en galego e na fin de semana cae ata un 2,7%.

Da urxenza de mudar este alarmante retroceso da presenza da linga galega na programación televisiva nace unha iniciativa parlamentaria que reclama unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.



A petición, que reuniu a través da web preto de 15000 sinaturas, está agora na fase de recollida física de apoios para o trámite parlamentario. Máis de 250 establecementos de todas as comarcas galega colaboran coa mesa pola Normalización Lingüística na recollida física de sinaturas para impulsar esta iniciativa parlamentaria. No seguinte enlace aparece o mapa de localización dos puntos de recollida de sinaturas, anímate e asina, por unha programación infantil e xuvenil en galego!

https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/comeza-a-recollida-de-sinaturas-para-a-iniciativa-parlamentaria-popular-xabarin?fbclid=IwAR0gpPJpl9tUiFUw3yBZ8tWjxNPFqpXwntSGLKYCJU5BK1iXVb4SUdrRXCM





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"