A RAG E PUNTO.GAL BUSCAN OS MELLORES RELATOS
A Real Academia Galega e a Asociación PungoGal acaban de convocar a terceira edición de microrrelatos que xurdiu co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e identidades propias no mundo dixital. Duascentas palabras deben abondar a quen queira obter o premio, ese é o límite de extensión dos textos que participen nesta nova edición. "As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade" expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, "esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posibel, imaxinación, selección argumental..." A estas técnicas deberán responder os relatos que opten aos nove premios de concurso: tres por categoría, que son a infantil (até os 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas. O prazo de presentac...