Publicacións

LES 75 ANS DU PETIT PRINCE, UN ANNIVERSAIRE DANS LES ÉTOILES

Imaxe
Le Petit Prince n'est pas seulement allé dans l'espace : il a traversé toute la planète. Livre le plus traduit au monde après la Bible, ce classique d'Antoine de Saint-Exupéry a été publié pour la première fois en 1943 par la maison d'édition Reynal & Hitchcock, puis aux éditions Gallimard, en français, en 1945. De loin le livre le plus connu de son auteur, ce conte a touché des millions de lecteurs par sa portée philosophique et onirique. Traduit en plus de 270 langues et dialectes, Le Petit Prince peut à ce titre être lu par un nombre assez phénoménal de lecteurs : il existe même une version en klingon, une langue fictive tirée de l'univers Star Trek ! Antoine de Saint-Exupéry ne profitera pas du succès de son livre : le 31 juillet 1944, Antoine de Saint Exupéry décolle aux commandes d'un avion de chasse pour sa dernière mission. Porté disparu, on ne retrouvera jamais les restes de son avion et sa mort reste mystérieuse… Cette année Le Petit Prince fête ...

GAMBITO DE DAMA, A SERIE QUE PUXO DE MODA O XADREZ

Imaxe
 Os detractores das novas plataformas dixitais pouco a pouco van ter que recoñecer que estas chegaron para quedarse e que ademais están a facer produtos dunha calidade sublime. Crítica e público coinciden no éxito dunha serie que incríblemente ten como fío central o mundo do xadrez. Falamos de  Gambito de dama . En Gambito de dama  todo xira arredor dun taboleiro e cando un remata o visionado dos sete capítulos que conforman a serie, decide que ou ten que aprender a xogar o xadrez, ou se xa sabía, debe volver a practicalo.  A actriz Anya Taylor-Joy representa o papel de Beth Harmon, unha nena orfa que atopa no xadrez o refuxio para todos os seus medos e paranoias. Nos primeiros capítulos repasamos os seus anos de infancia e primeira adolescencia nun orfanato onde o bedel lle ensina os seus primeiros pasos no taboleiro. A partir de aquí, Beth Harmon comeza unha carreira meteórica ata acabar conseguindo o éxito total no mundo do xadrez. Máis, non todo é un camiño de ro...

ALBERTO CORAZÓN NA NOSA RETINA

Imaxe
A pasada semana faleceu en Madrid Alberto Corazón. Fotógrafo, escultor e pintor, deseñou coñecidos logotipos de institucións e empresas que todos e todas nós temos gravados na nosa mente. O Ministerio de Sanidade, a ONCE, a Biblioteca Nacional, Correos, Renfe, Paradores, O Círculo de Belas Artes, a Compañía Nacional de Teatro, o teléfono DOMO...son un exemplo do sinfín de imaxenes que nos acompañan e que foron creadas por el. A súa carreira como deseñador foi moi inflínte dende os inicios. Acadou un forte protagonismo na industria cultural española como deseñador editorial e, co paso dos anos, especializouse no deseño gráfico e industrial. Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi premio Nacional de Deseño 1989 e no campo internacional obtivo múltiples galardóns, acadando os premios máis relevantes da Comunicación Visual: Arts Director Club de Nueva York, o British Design e o Design Council International, ademáis de ser o único deseñador europeo que ten r...

FÁBULAS DA MONTAÑA, DE FANTOCHES BAJ

Imaxe
  O 31 de xaneiro de 1820 naceu en Ferrol a pensadora, precursora do feminismo e firme loitadora dos dereitos humanos, Concepción Arenal. Presentámosvos nesta entrada do noso blog o novo espectáculo de títeres homenaxe a Concepción Arenal, inspirado na súa loita e nas súas Fábulas , que irán acompañadas da música de Marcial del Adalid. Contan, ademais, co  marabilloso traballo de todo o equipo artístico de Fábulas da montaña , para que esta nova peza teatral da compañía Larraitz Producións Artísticas chegue aos teatros a partir do mes de marzo 2021. Autor e director: Inacio Vilariño Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola

NOVAS CONVOCATORIAS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Imaxe
  Febreiro podemos dicir que  é o mes do amor, celebremos a candeloria (2 de febreiro, tempo no que se di que casan os paxariños) ou o xa máis internacionalizado e comercializado 14 de febreiro. Aínda que o día oficial xa pasara e, a pesares de que non é preciso que nos marquen no almanaque unha data para expresarmos os nosos sentimentos, sempre vén ben incentivar a nosa expresividade en lingua galega, de aí que vos convidamos a que parcipedes nun concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega . Trátase do concurso Lingua de namorar 2021 organizado pola Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais Secretaría Xeral de Política Lingüística. Está dirixido a todos os mozos e mozas entre 14 e 35 anos, organizados en dúas categorías por idades así como dúas modalidades de participación para enviar as vosas mensaxes: ben , cubrindo un modelo de formulario ofrecido na mesma páxina, ben a través de Instagram.  Tedes toda a información no seguinte enlac...

O TRABALLO NON PARA NOS CLUBS DE LECTURA!

Imaxe
 O entusiasmo dos nosos lectores fai que a actividade nos clubs sexa moi dinámica. Algúns xa remataron o seu primeiro libro, é o caso do club de lectura de ciencias, están, polo tanto, pensando en cal vai ser a próxima lectura.  Un ritmo máis lento levamos no club de 3º ESO onde a lectura de Remexido de patacas está sendo intensa, máis profunda de acordo ao tema tratado na novela: a violencia de xénero. E, finalmente, no club de lectura de 1º ESO comezamos a traballar no proxecto de sinalizar todo o centro con pictogramas; organizados en catro gupos de traballo segundo os andeis dos dous edificios do noso centro, comezouse a traballar no deseño dos pictogramas para os diferentes espazos.  Todo un Plan de rescate ideado para o noso centro!

Coidadiño co que fas! Casting de Fouciños

Imaxe
O CLUB de LETRAS do instituto ponse en marcha lanzándovos un reto! Ou, por que non recoñecelo, pedíndovos axuda! Fainos falta un fouciño para coroar un taboleiro que temos no noso salón ( aula 206 do edificio 2 ) e apelamos aos vosos contactos . Queremos lucir o máis xeitosiño da comarca e de aí a necesidade de facer un casting . Para saber como podedes participar, premede na imaxe. Aproveitade estas festas para investigar na vosa área de influencia! Vémonos nos recreos polo salón!