PEGÁMONOS A LOITA NO 25 N!

 Coa fin de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades co alumnado da ESO durante as titorías do mes de novembro. 

A visualización previa de contidos relacionados coa temática derivounos á creación en equipas de haikus sobre esa temática acompañados de ilustracións que representan ao haiku escrito.



Finalmente, o alumnado voluntariado da biblioteca elaborou na aula de polos creativos pegatinas cos haikus creados que se repartiron o 25N nun posto ideado para tal fin no vestíbulo do centro. 




Con esta actividade, xunto con outras que se están a desenvolver esta semana, queremos incidir un curso máis na necesidade de continuar na loita contra esta lacra que segue a estar presente na nosa sociedade.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"