Día das Letras Galegas

 


Como cada curso, o noso centro quixo festexar o día da nosa lingua; da poesía en galego. Este ano dende a Bilioteca decidimos adicar unha das nosas árbores a escritores ou creadores da contorna e que seguiremos a realizar cada curso. 

Nesta ocasión as árbores escollidas foron a cerdeira e o bidueiro para Diana Varela Puñal e Miguel Mato Fondo.

E en palabras de Diana Varela deixámosvos o texto sobre que é a poesía.

A poesía como vía de comunicación literaria.

A poesía ten que ver coa música, a beleza e a filosofía, tres factores que sobrevoan sempre na miña maneira de vivir. É tamén unha forma de comunicación polo que, ademáis de para conectar ritmo, pensamento e estética, sirve para expresarnos. Cantautores de todas as épocas -tamén o rap de hoxendía, o hip hop, ou rock- empregaron a poesía como unha maneira de transmitir ideas, sentimentos ou a realidade socio-política, como é o caso da chamada “canción denuncia” ou a poesía social. Porque a poesía é sempre revolucionaria, por iso as ditaduras de todas as épocas teiman en silenciar aos poetas, porque a palabra poética combate cunhas armas indispoñibles: como se desafía unha metáfora? Como se loita contra un soneto? Como se ataca un leixaprén? A poesía é a revolución da ternura, a denuncia que abre as fiestras para que entre o aire limpo, a evidencia de que a rosa ule a rosa e o lixo cheira a lixo. A constatación de que unha cerdeira é a representación arbórea do verán, e que os seus froitos tinxen os labios co seu doce sabor, como cada primeiro beixo. Iso é poesía. Pura humanidade




























Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"