Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2019

O ÚLTIMO SEGREDO DE SOFÁN

Imaxe
            A propósito das mártires de Sofán, recordadas estes días en Carballo e citadas por Castelao nun par de ocasións, é certo que non se tiña publicado o dato de cando morrera e onde fora soterrada unha delas, María Serrano Paz, falecida no Hospital Xeral de Santiago. Pois ben, queremos hoxe aportar a súa partida de defunción, atopada nos fondos do Hospital Real, actual Hostal dos Reis Católicos. Dela dedúcese que os seus restos mortais se perderon para sempre, pois o camposanto citado, o de San Domingos de Bonaval, xa non existe como tal.  O documento di así na súa literalidade: “Serrano Paz, María. En el Gran Hospital de Santiago, a las cinco horas del día dos de marzo, del año mil novecientos diez y nueve, falleció en la Sala del Carmen, confortada con los auxilios espirituales, y a consecuencia de septicemia, según información facultativa, la enferma María Serrano Paz, de treinta y tres años de edad, natural y vecina de Sofán, Carballo, provincia de la Coruña, siendo

PINK UNICORNS

Imaxe
Nesta ocasión preséntovos unha actuación chamada " Pink Unicorns" da compañía de danza " La Macana ". É unha actuación moi especial xa que en escena atopámonos cunha historia entre pai e fillo que é ficción e realidade ao mismo tempo. Historia entrañable expresada co movemento, unha oportunidade de ver a estes dous artistas xuntos, con momentos de risas, críticas e pura diversión. O día 27 de abril podedes atopalos no Pazo da Cultura de Carballo. Non volo perdades.

ARCO MADRID 2019

Imaxe
Entre o 7 de febreiro e o 3 de marzo "ARCOmadrid 2019" reunirá un total de 203 galerías de arte de 30 países, das cales 165 integran o Programa Xeral, sumándose a elas as seccións comisariadas: ´Perú en ARCO´, cunha selección de 23 artistas de 15 galerías; ´Diálogos´, con 13 e ´Opening´, con 21. Un programa que terá como eixe a calidade e singularidade do artista, impulsando a exploración de novos talentos e contidos para coleccionistas e profesionais. Así, do total de galerías seleccionadas polo Comité Organizador e polos comisarios dos diferentes programas, perto dun 40% participa con programas enfocados á presentación dun dos artistas de distintos entornos, reforzando a ARCOmadrid coma un espazo para o coñecemento da obra de artistas de distintas xeracións. "Alepo" conxunto escultórico de Francisco Leiro en Arco 2018 A participación de Perú coma "País Invitado" ven consolidar a proxección de "ARCOmadrid" como referente latinoa

CONCURSO DE MICRORRELATOS: A MULLER.

Imaxe
Agora que nos estamos achegando á data do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, propoñémosvos dende a Biblioteca e o EDLG un concurso de microrrelatos que estean relacionados con esta temática da muller. Os microrrelatos terán aproximadente 200  palabras en lingua galega e serán enviados por correo electrónico á seguinte dirección: biblioaponte@gmail.com. A data límite para o envío dos microrrelatos será o vindeiro venres 1 de marzo. Os textos gañadores daranse a coñecer o 8 de marzo durante o recreo na Biblioteca onde se fará a lectura dos mesmos e se entregarán os correspondentes agasallos. Moito ánimo para participar!

COSTA DA MORTE: UNIVERSO LITERARIO

Imaxe
Un dos grandes atractivos de O exército de fume , de Manuel Gago, que recomendamos a semana pasada, é a xeografía cambiante do escenario narrativo, que corresponde a moitos lugares de Galicia (provincias da Coruña e Pontevedra), pero sobre todo á Costa da Morte. Precisamente por este último motivo, a súa lectura é especialmente recomendable. Aí van exemplos. Laxe e o seu lugar de Arbia (cal será?). Ponteceso ten gran protagonismo: non só a vila en si, senón tamén Brantuas e Niñóns (fermosa praia, na foto) e os seus canteiros, tamén aparece Cores fugazmente, e Corme e os seus mariñeiros. Mais o núcleo xeográfico da trama é Valdeareas, nome ficticio de Valarés. Tamén están Camelle e Santa Mariña, no concello de Camariñas. E o Monte Neme. E Varilongo en Santa Comba... Aínda non tes o libro nas mans? Na biblioteca temos un exemplar! A que agardas? Ata outra...

#BIBLIOAPONTE POLA PAZ

Imaxe
Deixámosvos aquí as imaxes que resultaron gañadoras no concurso convocado dende a biblioteca co gallo do "Día da Paz". Parabéns a Candela Lema e a Lucía Rodríguez, ás gañadoras!!              "Dame paz que problemas sóbranme"                              "Soña cun mundo de amor e paz, e farémolo realidade"

FACER TURISMO SEN SAÍR DA CASA

Imaxe
Grazas o proxecto Open Heritage  podemos explorar lugares icónicos, emprender viaxes virtuais e descargar as mellores fotografías. No ano 2018, Google asóciase coa empresa sen ánimo de lucro, CyArk, a cal adícase a escanar en 3D, co fin de axudar a preservación de lugares históricos.  Conmocionados pola completa destrucción de estatuas budistas do século V as mans dos talibáns en Afganistán, Ben e Barbara Kacyra comenzan a capturar e dixitalizar monumentos antes de que puidera voltar a ocorrer o mesmo. E conseguírono. Por exemplo, o templo Ananda Ok Kyaung en Bagan (Myanmar) sufriu danos graves nun terremoto no ano 2016, pero tiña sido escaneado con anterioridade, e agora pódese facer unha visita interactiva   .  O mesmo pasou coa cidade de Palmira, un dos lugares máis danados polo Estado Islámico, o cal conquistou  o lugar e pouco despois voou o templo de Baal Shamin ,adicado a un deus fenicio e que contaba con 1900 anos de antigüidade. Según afirma ACNUR na súa web,

VENRES CULTURAIS 2019 EN CARBALLO

Imaxe
O concello de Carballo xa ten en marcha a súa programación cultural para o primeiro trimestre do ano, que consta de cinco espectáculos infantís, catro funcións de teatro para adultos, tres concertos e cinco exposicións, ademais dun ciclo de cine. Todo isto baixo a denominación de Venres Culturais 2019. Este venres, 22 de febreiro podedes achegarvos a gozar de "Dúas donas que bailan", a cargo da compañía TEATRO DO ATLÁNTICO. Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o piso no que habita. Os fillos e o dono da vivenda teñen outros plans. Outra muller chegará para facer as labores da casa e cada xornada convértese nun inquietante e cómico “toma e daca”. Unha das compañías galegas máis sólidas, que recibiu recentemente o Premio da Crítica de Galicia, preséntanos un agasallo teatral, adobiado de humor malvado. Compartiremos os soños e os fracasos de dúas fortes mulleres que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outr

UTE LEMPER

Imaxe
Cantante e actriz alemá. Estrela de grandes musicais como Chicago ou Cabaret. Ten formación como pianista, cantante e bailarina clásica. Ten colaborado con  Michael Nyman, Tom Waits ,Elvis Costello, Nick Cave ou Philip Glass . Poderás disfrutar da sua música no ciclo Galicia Importa, o 30 de maio deste ano no Teatro Colón de A Coruña.

THE GREAT GATSBY: A FAILED AMERICAN DREAM

Imaxe
Since today is Saint Valentine's day, we couldn't help recommending you the abridged version of the novel The Great Gatsby, that you can find in our section of literature written in English. We thought about this masterpiece because it is a wonderful story of a man so in love that everything he does revolves around winning back the love of his life.  F. Scott Fitzgerald 's novel,The Great Gatsby, follows Jay Gatsby , a man who orders his life around one desire: to be reunited with Daisy Buchanan , now a married woman.They met years earlier when he was in the army but could not be together because he did not yet have the means to marry her. In the intervening years, Gatsby made his fortune, all with the goal of winning Daisy back. He bought his house so that he would be near her and hosted elaborate parties in the hopes that she would notice him. Published in 1925, The Great Gatsby is a classic piece of American fiction. It is a novel of triumph and tragedy but abo

REGUEIFA

Hai uns días, co gallo de estudar as cantigas satíricas medievais e, en concreto as "tenzóns", fixemos, na aula de 3ºA, unha comparativa coas regueifas tradicionais e actuais. Sen sabelo, tiñamos na clase o neto dun regueifeiro da zona, quen lle propuxo ao avó, Adolfo Castro Cotelo (de Tallo), se lle axudaba a compoñer unha regueifa para a clase. Aquí tedes o resultado e un anaquiño do audio que tivo a ben gravar para nós o autor. Fixádevos que esta regueifa é ben curiosa; xa que, dá conta dos regueifeiros da zona que, hai uns anos, gozaban dunha certa sona. Moitísimas grazas, Adolfo. Un pracer.   Mui boas tardes Amalia que che sirva de consello vouche dedicar unha copla do teu alumno Diegho aghora xa que empecei voulle dare a barrere cantos me caian por diante heille de dar que facere heille de dar que facere pois non me costa traballo queres saber donde eu son son da parroquia de Tallo os da parroquia de Tallo dighocho de cont

LA JOVEN DE LAS NARANJAS: UNA PEQUEÑA HISTORIA FILOSÓFICA PARA GRANDES JÓVENES LECTORES

Imaxe
Jostein Gaarder saltó a la fama en 1991 con la publicación del libro de reflexión filosófica El mundo de Sofía. A partir de este bestseller el autor noruego se especializo en literatura juvenil pero siempre con un claro matiz filosófico en el que el lector debe responder a numerosas preguntas implícitas que se plantean en sus novelas. Hoy desde nuestro blog os invitamos a la lectura de su novela La joven de las naranjas. La historia comienza así: “Mi padre murió hace once años, cuando yo sólo tenía cuatro. Creí que no volvería a saber nada de él, pero ahora estamos escribiendo un libro juntos...» A partir de este inicio algo triste el autor hace reflexionar al lector sobre la intensidad de la Vida, pero también sobre la muerte. Una historia que nos habla del Tiempo y sobre qué somos realmente, qué misterio compartimos con el universo. ¿Elegiríamos nacer, y conocer la vida en toda su intensidad, sabiendo que quizá sea para permanecer sólo un instante en ella? ¿O rechazaríamos la of

SAN FILIPE II

Imaxe
De entre todos os santos e todas as santas que poboan as igrexas galegas -e incluso non galegas- salientan con especial forza, pola súa devoción, santo Antonio de Padua (ou de Lisboa), portugués, e san Roque de Montpellier, occitano. Este santo, avogoso contra a peste, substituíu ao que na Idade Media cumprira este cometido, san Sebastián. Moi interesante e curiosa é a talla que achegamos hoxe, da igrexa cántabra de santa María de Lebeña, xoia do románico nesta rexión. Resulta que, segundo a tradición, para o rostro do san Roque deste fermoso lugar da Liébana o artista teríase inspirado nada máis e nada menos que no rei Prudente, Filipe II, aquel en cuxos dominios nunca se poñía o sol. E incluso foi ataviado co típico sombreiro alto que o monarca entón máis poderoso do mundo usaba, negro por suposto, austeridade pura. Ten un aire filipino, certamente. A lenda é fermosa, abofé. E "se non è vero, è ben trovato". Non sempre a arte, a relixión e a historia se conxugan de fo

ESOPÍAS?

Imaxe
A Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (chío), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. Rió y dijo:"Y nadie escribirá un relato mejor con estos malditos decimales, números infinitos que no nos incumben nada" Queremos saber ata onde podedes chegar co voso inxenio e creatividade elaborando unha Esopía. Para isto achegámosvos unha plantilla:   https://mateblog.agapema.org/images/docs/esopia_plantilla.pdf Terédela que presentar antes do 15 de marzo nesta ligazón: https://mateblog.agapema.org/participa A entrega de premios será na Feira Matemática 2019. Botádelle un ollo a  https://mateblog.agapema.org/esopias se tedes dúbidas. Quen dixo que non podiamos facer poesía coas matemáticas?

MULLERES ARTISTAS

Imaxe
A galería Belvedere, en Viena, recupera cunha gran exposición a obra de case 60 mulleres artistas olvidadas do modernismo austríaco. Mulleres que compartiron notoriedade co pintor austríaco Gustav Klimt. Os artistas da época intentaron silencialas pola súa condición de mulleres, sendo apartadas dos círculos de intelectualidade por cuestión do seu xénero. Pero lonxe de deixarse pisar, estas mulleres loitaron contra os roles de esposa e nai e conseguiron acadar a escena artística da época en Viena. Elas crearon os seus propios clubs e lograron sólidas carreiras artísticas. Entre 1900 e 1938, os anos que abarca a exposición, estas mulleres acadaron a consideración que merecían as súas carreiras.  "Dreams" de Helene Funke de 1913 Déixovos o enlace ao artigo do periódico EL PAÍS onde nos falan desta exposición que se poderá visitar ata o próximo 19 de maio. https://elpais.com/cultura/2019/02/04/actualidad/1549292503_823652.html

ESCRIBES?

Imaxe
Se es desas persoas que entre as súas afeccións está a de escribir, aquí tés a oportunidade de amosar todo o teu talento: A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos que crearon en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro, cadrando coa campaña de promoción de PuntoGal que permitirá rexistrar un dominio .gal para dous anos a un prezo de 15 euros máis IVE. Nesta ocasión repartiranse nove premios, tres en cada unha das novas categorías distribuídas por idades co propósito de facilitar a participación de todo o público. Na infantil poderán participar nenos e nenas de ata 11 anos; na xuvenil, mozos e mozas de 12 a 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade. As persoas que desexen participar no concurso deberán enviar os textos, de ata 200 palabras

NAZIS EN PONTECESO

Imaxe
Non todos os concellos de Galicia gozan do privilexio de teren obras literarias baseadas no seu espazo xeográfico e histórico. Bergantiños en xeral e Ponteceso en particular están de noraboa, coa novela O exército de fume , de Manuel Gago, que temos xa na nosa biblioteca, no apartado de novidades. O pano de fondo é a Segunda Guerra Mundial, e o escenario é Laxe e Ponteceso, pero tamén A Coruña ou Vigo. O autor estrutura a narración en capítulos, algúns moi breves, que nos trasladan a diferentes espazos, incluso doutros países como Londres, onde podemos recrearnos na personalidade do premier británico, Winston Churchill. É unha historia de espías, militares, prisioneiros, guerra aérea e submarina, wolfram, a discutible neutralidade da España de Franco na guerra... E ata aparece Lugrís, o pintor Lugrís... que tamén deixou obra en Malpica. Paga a pena. Non vos defraudará.

BIBLIOAPONTE POLA PAZ

Imaxe
Este pasado mércores 30 de xaneiro vén de conmemorarse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Dende a Biblioteca e o EDLG pensamos nunha actividade que nos e vos permita facer visible esta iniciativa: Concurso de fotografía e # hashtag #. Consiste en que colguedes no voso Instagram antes do luns 4 de febreiro unha imaxe ou unha cita relacionada coa celebración do día  da paz e a enlacedes co Instagram da biblioteca do instituto: biblioaponte co hashtag : #biblioapontepolapaz. Animádevos a participar!