XXIII SEMANA CULTURAL
Desde o 8 ao 11 de abril puidemos gozar da tradicional Semana Cultural que xa este ano celebra a súa vixésimo terceira edición.
A Biblioteca, seguindo coa súa actividade anual da competición de xadrez, organizou un torneo de partidas de xadrez simultáneas onde o alumnado se enfrentou a Paco Abella.
Ademais este ano tamén contamos coa visita dos usuarios dos centros de día de Cabana e de Laracha, que participaron nas actividades organizadas polo alumnado do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, e realizaron entrevistas na nosa radio:
Así mesmo, dentro do programa da "Biblioteca creativa" tamén contamos coa colaboración de Candela Lema que nos ofreceu un obradoiro de crochet, no que o alumnado de 3º ESO puido crear os seus "cestiños".
Comentarios
Publicar un comentario