DÍA DE ROSALÍA

 A tarde de hoxe estivo chea de emocións e homenaxes!! O noso alumnado quixo celebrar os 188 anos do nacemento da escritora máis importante da literatura galega do século XIX.

Aínda que pase o tempo Rosalía segue viva entre nós, pois a súa poesía, comprometida con moitas temáticas como a emigración, a inxustiza social, a defensa da lingua e a cultura, seguen vixentes. Así, para celebrar este día lembramos os seus versos, concretamente os poemas "Unha vez tiven un cravo", Pr'a Habana", "Negra sombra" e "Paseniño, paseniño", da voz do alumnado de Oratoria quen interpretou ditos poemas de xeito dramático.




A continuación, o alumnado de 1º Bacharelato, tomando como referencia os poemas de Cantares Gallegos, recitaron versos propios sobre diversas temáticas.

E, finalmente, gozamos da actuación de Icía Varela, acompañada coa guitarra por Xaquín Rama, que intrepretaron varias pezas musicias e a quen agradecemos a súa colaboración con este día dedicado a Rosalía de Castro.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"