25N
Conmemoramos este día porque debemos ser conscientes
deste suceso tan grave que sofren moitísimas mulleres no seu ámbito cotiá.
Debemos destacar este día nos institutos para fomentar a convivencia, o
respecto e a igualdade, xa que vivimos nunha realidade onde a violencia de
xénero é moi frecuente e debido a isto é necesario que a xuventude comprendamos
a gravidade deste feito. Así, poderemos previr condutas violentas e fomentar
relacións sans.
A través de charlas, debates e actividades sobre o 25N,
os estudantes temos a oportunidade de entender como se manifestan as diferentes
formas de violencia. A estas idades é mais importante aínda, xa que estamos a
tempo de cambialo. De cambiar a mentalidade, de cambiar certas formas de ser,
de cambiar a nosa actitude. De cambiar!
Cada vez que a violencia se manifesta, cométese unha
violación dos dereitos humanos da muller, polo cal este día non debemos quedar
caladas, xa que é hora de manifestarnos e demostrar o noso desacordo con estas
situacións.
Se non damos a coñecer o que está pasando, non se poderá
atopar a solución.
Debemos cambiar, porque se non o facemos nós… quen o fará?!! "
Este foi o texto presentado polas alumnas Uxía Blanco e Carmela Velasco que deu pé á reivindicación deste día no noso instituto. O acto estivo ademais completado coa participación de todo o alumnado de ESO e Ciclos creando un GRAN TENDAL CONTRA A VIOLENCIA a través do deseño de lemas pintados en camisetas.
Este foi o resultado do traballo realizado durante as titorías, parabéns!!!
Para concluír o acto, tivemos a sorte de gozar coa voz de Clara Amado quen, acompañada no teclado por Serxio Moreira, deleitounos cun repertorio de pezas revindicativas deste día.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)




Comentarios
Publicar un comentario