XXII Semana cultural

 Un novo ano imos celebrar a nosa tradicional Semana cultural, chea de actividades, obradoiros, concursos, faladoiros e iniciativas novidosas que poñerán en práctica todo o alumnado do centro.

A Biblioteca e o Equipo de dinamización tamén colaboran con esta Semana cultural organizando obradoiros de diversas temáticas: 

  • Obradoiro de origami.
  • Obradoiro de lettering.
  • Obradoiro sobre mitoloxía e ciencia ficción.


OBRADOIROS DE ORIGAMI E LETTERING
Dende a Biblioteca organizouse unha sesión para o alumnado de 2º da ESO na que traballaron a caligrafía e a motricidade fina. Trátase dos obradoiros de Letteringimpartido por Saray Souto de 2º ESO e de Origami, artellado por Salvador Andrade de 4º da ESO. O alumnado xa pode presentar traballos ben vistosos grazas á maxia de Saray cos rotuladores, ou mesmo mellorar calquera estancia coas belas figuras que Salvador lles propuxo. 


                     

MITO E CIENCIA FICCIÓN

Dende a Biblioteca e o club de lectura propuxemos ao alumnado de 2º ESO a actividade “Mito e ciencia ficción” dirixida polo noso profesor de Filosofía Xan Eguía, autor de obras como Supremas. Mozas mitolóxicas ou Mitoloxía futura. De Neo a Prometo: construíndo o novo mitoA proposta de Xan consistiu nun xogo de pistas sobre arquetipos e personaxes da mitoloxía, ciencia ficción e cómic. A idea consistía atopar as similitudes e crear un personaxe a partir das imaxes de heroes, deuses, protagonistas de cómics… e escribir unha historia a partir da creación plástica. Os resultados foron sorprendentes!






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"