FIN DE CURSO DENDE A CASA!

Rematou este curso tan atípico, e coma outros fíxoo cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo final a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde  diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán de lecturas e propostas alentadoras e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro!


FRANKENSTEIN, O PROMETEO MODERNO

Por que no aproveitar o verán para reencontrármonos cun gran clásico?
Desta volta presentámosvos unha versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) dun clásido da literatura inglesa. Edición de luxo dentro da colección “Clásicos ilustrados en galego”, con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro.



Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Mary Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Mergullámonos nunha viaxe fascinante que comeza cando o capitán Walton rescata das augas xeadas  do Ártico a Victor Frankenstein, quen comeza a contar a súa fabulosa historia. O relato de creación dun monstro sen nome que fala e reclama o seu dereito ao amor.





O CHISPAS

Un dos nosos escritores favoritos acaba de publicar este pasado mes de maio unha novela dirixida ao pùblico lector máis novo.
                                                                           

Trátase de O Chispas, a divertida historia dun músico chamado Chispas ao que lle gustaría ser artista cósmico. Sen embargo, aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é Chispas. Un músico cósmico!



O RÌO ANLLÓNS E O SANTUARIO DO BRIÑO


Para estas vacacións que comezan, queremos facer dúas propostas de proximidade. Non son obras de ficción, senón monografías sobre a nosa realidade máis inmediata, sobre a nosa comarca.

O Seminario de Estudos Bergantiñáns, ao que pertence Luís Giadás, profesor no noso centro e coautor desta obra, acaba de publicar un libro sobre o río Anllóns, centrado non só nesta corrente de vida para Bergantiños, senón tamén nas terras que percorre. O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños xa se pode mercar, por 15€, nas librarías do concello. Ten abundantes fotografías a toda cor, con gráficos e táboas moi minuciosas. Unha marabillosa opción para coñecer, ao tempo que os paseamos, os fermosos e interesantes lugares polos que o río camiña cara ao mar, ata bicarlle os pés ao Monte Branco. Amais de Giadás, asinan a obra Fernando Cabeza Quiles  Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera e Antón Rodríguez Losada, con prólogo de Xosé Antonio Andrade.


A outra proposta, O santuario do Briño. Paraíso de arte e natureza en Cabana de Bergantiños, de Félix Neira, xa se publicou dixitalmente polo imperativo da pandemia, pero para o 18 de xullo, día da festa do Carme no Briño, está prevista a presentación do libro en papel, editado por Política Lingüística.


Dúas propostas para conxugar o pracer de ler co pracer de disfrutar ao aire libre da nosa xeografía, historia, arte, natureza e etnografía.




THE MUSIC OF THE PRIMES, Marcus du Sautoy

In 1859, German mathematician Bernhard Riemann presented a paper to the Berlin Academy that would forever change the history of mathematics. The subject was the mystery of prime numbers. At the heart of the presentation was an idea that Riemann had not yet proved but one that baffles mathematicians to this day. Solving the Riemann Hypothesis could change the way we do business, since prime numbers are the lynchpin for security in banking and e-commerce. It would also have a profound impact on the cutting-edge of science, affecting quantum mechanics, chaos theory, and the future of computing. Leaders in math and science are trying to crack the elusive code, and a prize of $1 million has been offered to the winner. In this engaging book, Marcus du Sautoy reveals the extraordinary history behind the holy grail of mathematics and the ongoing quest to capture it. Editorial Acantilado published its translation into Spanish.





AN ODYSSEY: A FATHER.A SON, AND AN EP, Daniel Mendelsohn

When eighty-one-year-old Jay Mendelsohn decides to enroll in the undergraduate Odyssey seminar his son teaches at Bard College, the two find themselves on an adventure as profoundly emotional as it is intellectual. For Jay, a retired research scientist this return to the classroom is his "one last chance" to learn the great literature he'd neglected in his youth--and, even more, a final opportunity to more fully understand his son, a writer and classicist. But through the sometimes uncomfortable months that the two men explore Homer's great work together--first in the classroom, where Jay persistently challenges his son's interpretations, and then during a surprise-filled Mediterranean journey retracing Odysseus's famous voyages--it becomes clear that Daniel has much to learn, too: Jay's responses to both the text and the travels gradually uncover long-buried secrets that allow the son to understand his difficult father at last. Seix Barral published the Spanish translation.







BELEZA, VERDADE, Ricardo Carvalho Calero (escolma poética e limiar de Pilar Pallarés)

Este blog xa rendeu homenaxe a Pilar Pallarés polos numerosos recoñecementos que recibiu no 2019 tras a publicación de Tempo fósil. Considerada por moitos a mellor poeta galega viva e dezaoito anos despois da primeira escolma que fixo da poesía do seu benquerido profesor «Don Richi» (Fillo de Eva, 88 poemas de Carvalho Calero), Pilar Pallarés revisita a obra en verso de Carvalho Calero nesta última antoloxía do autor ao que o Día das Letras vén de facerlle xustiza. Como exalumno das aulas de de Lingua e Literatura de Pilar no IES Ramón Menéndez Pidal, non esaxero ao dicir que ela foi (e en certo modo continúa a ser) a persoa máis influínte na miña formación literaria, descubríndome, non só a obra de Carvalho, senón tantas outras, polo que podo dicir orgulloso que sinto unha gran conexión cos poemas de ambos. Convídovos a que vos mergulledes nas súas respectivas obras, non podería desexar unha recomendación mellor.




Feliz verán...


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"