Practicamente rematado este primeiro trimestre, fagamos balance das lecturas realizadas polos diferentes clubs de lectura da nosa familia lectora "Ponte a ler": O club de manga, banda deseñada e cómic segue a ser o máis activo. Despois de lecturas como as de Orange, Dr Stone ou Detective Conan , as e os integrantes do club estamos a decidir as vindeiras aventuras nas que nos imos embarcar. As propostas son varias: Blacksad, Sombras sobre Shimanami, Contrapaso, Los hijos de los otros, Look Back ou mesmo o clásico Jane Eyre , foron as elixidas polo club e pronto estarán dispoñibles na nosa biblioteca. Por outra banda, a narrativa vertébrase en diferentes clubs: o alumnado de 1º ESO optou pola lectura de Mitos gregos de María Angelidou, mentras que o alumnado veterano da ESO comezou a súa viaxe lectora con Azucre de Bibiana Candia e acaba de rematar Afogada de Rocío Leira, aínda están a pensar por que roteiros queren seguir... Para o alumnado de 1º de Bach...