NOVO CURSO... NOVO ALUMNADO!!

 A finais de setembro o equipo da biblioteca puxo en marcha unha nova edición da formación de usuarios, principalmente para os novos estudantes que chegan ao centro.

    Así, durante unha semana e media, todo o alumnado de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FPB foron baixando á biblioteca para coñecer a disposición dos fondos bibliográficos, as diversas seccións temáticas que poden consultar, as actividades que se ofertan como o Voluntariado, os Clubs de Lectura, a Radio, etc.

    E despois de moito atender e aprender, realizaron uns xogos de busca de libros, ordenación e consulta de información.



    

Comentarios