Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2020

CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 1

Imaxe
Aínda que nos pareza unha antigüidade inservible, a mitoloxía grecorromana segue funcionando como fonte de inspiración nestes tempos posmodernos. Con razón dicimos que a mitoloxía é clásica, porque clásico é o que non ten data de caducidade, o que non morre.              Velaquí, no mesmo día e en páxinas contiguas, cal foi a inspiración dos ilustradores de La Voz de Galicia. Os dous botaron man da mitoloxía e os seus eternos contidos. Atlas soportando ese bicho infeccioso e infecto que xa forma parte dos nosos odios, e o mesmo bicho raptando, é dicir, levando por diante á princesa Europa . A verdade é que si: Europa volve facer un ridículo espantoso, para goce dos euroescépticos, considerando que hai países de primeira (os do norte) e de segunda (os do sur). Se estades un pouco ao tanto da actualidade, saberedes de que falo. Recorda que a mitoloxía constitúe sempre unha interesante e amena opción para a le...

LEER O CÓMO BURLAR EL CONFINAMIENTO

Sin duda: será la denostada palabra del 2020. "Confinamiento". Del latín "finis", que significa frontera o límite, como en confines, pues eso es una frontera: el final de una cosa y el comienzo de otra. Tal es confinarse: quedarnos dentro de unas fronteras (las de nuestra casa). Así de sencillo. Cuando una situación como esta sobreviene, como casi siempre en la vida, se nos presentan tres opciones: dos radicales y, cómo no, el término medio. La radical positiva quizá no sea muy recomendable; tampoco se trata de estar inmensamente feliz, seamos realistas: esta es una situación puñetera, quizá nunca pensamos tener que vivirla, pero lo cierto es que los contratiempos de "telediario", esos que parece que solo les van a pasar "a los demás", también nos pueden alcanzar de lleno. La radical negativa es inasumible para aquellos que lo están pasando mal y, sobre todo, para quienes han perdido a algún ser querido. En este sentido, espero que ...

QUE A MÚSICA SEXA O ALIMENTO DO AMOR

Imaxe
Nestes momentos tan duros que nos atopamos, vos deixo un regalo. Podedes escoitar uns podcast moi chulos narrados coma contos, sobre distintas figuras da música pop, rock, jazz...coma Nina Simone, Freddie Mercury, David Bowie....e saber algo máis das súas vidas e as súas aportacións á música. Espero que vos guste. Quero citar unha bonita frase de Kurt Cobain: "A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e tenga paixón, que a música sexa o alimento do amor" https://www.podiumpodcast.com/idolos/temporada-1/

READING IN THE TIME OF THE QUARANTINE

Imaxe
This blog's a bit deserted, innit? Supostamente, a pincelada anglosaxona do blog debería demorarse aínda uns días, pero penso que as circunstancias requiren un sopro de azos, por pequeno que sexa. É por isto que hoxe voume limitar a algunhas curiosidades que evoca a situación actual. Para alivio dalgún lector desprevido, hoxe aparcaremos a cerna en inglés da publicación en favor de algo máis cercano na nosa lingua. O primeiro que espero é que vós e os vosos seres queridos esteades todos ben. Son tempos difíciles, é certo, mais unha simple ollada á nosa historia levaranos a concluír que a resistencia forma parte do ADN galego, co que o noso esforzo común faranos prevalecer, sen dúbida. Dicía que son tempos difíciles, de confinamento. Parece nestes intres unha broma de mal gusto a típica pregunta de que libro levarías a unha illa deserta. Quen nos ía dicir que esa illa sería o noso fogar e teríamos que apañarnos co posto. De certa forma, Internet facilita o noso contacto co exte...

MARC CHAGALL NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Imaxe
A Fundación Barrié presenta a maior exposición de obra gráfica de Marc Chagall (Vítebsk, Imperio ruso, 7 de xullo de 1887 - Saint-Paul de Vence, Francia, 28 de marzo de 1985), un dos pintores e artistas gráficos máis importantes do século XX e un dos artistas máis inclasificables. O seu estilo pictórico tan persoal, cun profundo coñecemento expresivo da cor, está vinculado ás lembranzas da súa infancia, da natureza, da poesía, da fantasía e mais do folclore xudeu e da vida na súa vila natal. A inauguración, que tivo lugar onte, contou cunha visita guiada a cargo da comisaria de exposicións e crítica de arte Dolores Durán Úcar, Doutora en Historia da Arte e Cultura Visual pola Universidade Autónoma de Madrid (2015) e Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1989). Dolores Durán Úcar é experta na obra de Marc Chagall e comisaria colaboradora da Colección The Art Company.  Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña Datas: 12 de marzo – 28 de ...

DELIBES Y SU TESORO

Imaxe
Una década se cumple este año de la muerte de Miguel Delibes, un nombre imprescindible de las letras castellanas -nunca mejor dicho: castellanas de Castilla- de la segunda mitad del siglo XX. Durante decenios fue Delibes autor muy leído, también en la escuela, por sus historias sencillas, por su castellano directo y llano... Amante de su tierra castellana y de la naturaleza, también de la caza, leer a Delibes es el mejor ejercicio para entender qué es Castilla. Sus títulos son muy elocuentes... Para iniciarse en la lectura de Delibes, recomendamos El tesoro , una bonita y sencilla historia sobre las riquezas arqueológicas que guarda el subsuelo y la reacción de las humildes gentes del campo ante estas. No es un hecho ajeno a nosotros: en Galicia sabemos bastante de ello, con nuestra riquísima y estimulante cultura de dólmenes y castros, mouros y mouras, tesoros y encantos... Este libro es un tesoro, cubre nuestro intelecto con la dorada pátina que dejan las excelentes...

ESTHER GILI CHEGA Á BIBLIO.

Imaxe
Esther Gili é unha auténtica influencer creativa , unha artista que foi quen de achegar a ilustración a milleiros de persoas a través das redes sociais, escenario no que amosa o seu día a día, a súa obra e a súa técnica. Na súa produción ten un protagonismo especial a figura da muller, forte, libre, emponderada e coas doses de dozura propias do seu estilo. Entre as novas adquisicións da biblioteca, contamos dende hai ben pouco cunha das súas obras máis populares: Azul . Unha escolma dos seus mellores traballos, algúns deles inéditos, acompañados de conversas escritas onde a imaxe e a palabra, van da man. Convidámoste a desfrutar da súa maxia.

DÚAS ALUMNAS MOI STEAM!

Aproveitando que o domingo 8 de marzo foi o Día da Muller desde o departamento de tecnoloxía decidimos adicarlle esta entrada do blog as mulleres do ámbito científico-tecnolóxico. Dándolle voltas ao tema pensamos en dúas alumnas que son compañeiras vosas neste centro. Estas dúas rapazas son as únicas integrantes do equipo CanSat do que xa falamos nunha entrada anterior. Ademáis son as únicas alumnas na materia de tecnoloxía en 4º de ESO e en 1º de Bacharelato, respectivamente. Así que propuxémoslle unha pequena entrevista relacionada coa súa vocación STEAM. Estas son algunhas das impresións recollidas nesta enquisa que lle fixemos: Cando lles preguntamos porque escolleran cursar a materia de tecnoloxía as súas respostas  foron parecidas: tiveron a ocasión de contactar coa tecnoloxía e a ciencia a partires dunha actividade extraescolar e foi cando se "engancharon" e decidiron seguir formándose cursando esta materia.  Tamén nos contaron que o feito de ser as únicas...

INVISIBLES

Imaxe
Achégase o 8 de marzo e son numerosos os actos convocados na nosa contorna para festexar esta data. Hoxe, dende o concello de Carballo, convídannos a asistir á representación teatral de Invisibles, a cargo da compañía REDRUM TEATRO. Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas, a violencia de xénero.  O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta lacra que invade a nosa sociedade. Invisibles é un espectáculo para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presenta no mesmo. Podemos dicir que é un espectáculo para público adulto pero que tamén cun grande interese para público adolescente, xa que é precisament...

JAMES RHODES

Imaxe
James Rhodes publica " Playlist. Rebeldes e Revolucionarios da Música ". Unha espectacular obra ilustrada sobre os mestres da música clásica. James Rhodes é unha das grandes estrelas do momento. A súa formación académica musical empezou aos catorce anos e rematou catro anos despois, cando deixou de tocar o piano durante unha década. Desde que regresou á música, ten lanzado sete álbumes, actuado nalgúns dos escenarios máis prestixiosos do mundo e publicado tres libros superventas.

COINCIDENCE AND LANGUAGE LEARNING

Imaxe
Since I’m equally a storyteller and a teacher, today I’d like to share with you a tale of sorts about the power of coincidence in life and the process of learning a new language. All this was triggered by the publication of these grants by the regional government. Needless to say that I strongly encourage you to participate, as I have already said in most of my classes this week. These grants are a great opportunity to boost your level of English. When I was about your age, I had the chance to be a part of the Comenius program, an exchange scholarship by which a group of students from my year hosted German pupils and, in turn, allowed us to spend a week in Munich with their families. Here’s when the coincidence comes into play. At that time, I never thought I would become a language teacher in the future, and yet here we are. To this day the Comenius experience played a major role in the improvement of my skills in English. I don’t know how I happened, but after that week I ma...

HAIKUS

Imaxe
Nuestra recomendación literaria de hoy viene del mundo oriental, concretamente de Japón, pero al mismo tiempo del sur de España, para ser más exactos de una ciudad de la campiña cordobesa como es Lucena. Os proponemos una lectura tranquila y sosegada del poemario Haikus del buen amor del escritor lucentino Manuel Lara Cantizani, el cual tristemente nos ha dejado este jueves pasado después de una lucha inmensa y dura contra el cáncer que se le diagnosticó hace más de dos años. Los haikus son breves poemas de orgien japonés de diecisiete sílabas, escritos en tres versos de cinco, siete y cinco sílabas. La poética del haiku generalmente se basa en el asombro y la emoción (哀れ) que produce en el poeta la contemplación ante la realidad (tradicionalmente en un espacio de pura naturaleza). Siguiendo el régimen tradicional japonés, la composición suele contener alguna referencia directa o indirecta a la estación del año, mediante el uso de un kigo (季語) o palabra que evoca las e...