Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2020

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

Imaxe
Hai moitas maneiras de contar a Historia, mais Art Spiegelman escolleu a fábula e a banda deseñada para tal fin. Maus , a súa obra cumio, realiza unha homenaxe gráfica ao seu pai e ás vítimas do Holocausto, mimetizadas en ratos xudeus que son perseguidos por gatos nazis. As leis da natureza representan nesta obra a maior escuridade humana, mais tamén as ansias por sobrevivir. O camiño que explora Spiegelman, narrando  os horrores do Holocausto non é de todo novo. Goya e Castelao xa reflectiran o lado máis doloroso da humanidade con debuxos e breves textos ao seu pé. Porén, en Maus adáptase a necesidade de narrar a escuridade aos modernos medios de masas, de integrar algo tan vello coma o debuxo coa modernidade literaria do seu tempo. Dende a conversa que inspirou  a fábula ata recoller o premio Pulitzer, pasaron 20 anos. E hoxe, case cumpríndose os corenta anos da súa publicación, a súa estela é seguida cos novos autores e autoras dun xénero que podemos d

MARÍA MORENO, IN MEMORIAM

Imaxe
Vista da Gran Vía madrileña Esta semana deixounos María Moreno, pintora realista de longa traxectoria artística e esposa do tamén pintor realista Antonio López. Na súa obra destaca un especial tratamento da luz, que inunda a súa obra máis coñecida, e a súa inclinacion cara a paisaxe, en especial a madrileña. Tamén traballou o retrato ou os espazos interiores, pero frecuentemente do seu círculo máis íntimo. Deixovos o enlace do artigo que lle adicou o xornal EL PAÍS o pasado luns. https://elpais.com/cultura/2020/02/17/actualidad/1581954083_540471.html

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

Imaxe
O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños. Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da primavera. Coa cristianización, que abosorbeu moitas das nosas celebracións, coverteuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas.  Ese día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. É unha data dedicada ao amor e a fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica", segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.  Hai cada vez máis defensores de que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. Mesmo o noso refraneiro popular lembra que "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa". A Candeloria tamén server para anunciar a chegada máis próxi

DO LIBRO AO FILM: UNHA PROVEITOSA EXPERIENCIA

Imaxe
Tras da lectura da Odisea de Homero -e non antes-, as alumnas de Grego I puideron disfrutar, xa libres dos exames de avaliación e en vésperas das vacacións de Nadal, dunha versión fílmica da obra de Homero. Non é unha obra de arte cinematográfica, abofé, pero é amena e ás veces divertida, e ademais -isto é o máis importante- permite establecer un vínculo entre lector e espectador, reforzando o coñecemento da obra literaria e creando estímulos e reflexións... Raro é o caso no que, tras da lectura dunha obra literaria, o espectador non estableza as comparacións de rigor: se gustou máis a lectura ou máis a película, ou se esta decepcionou... Á marxe, insistimos, de consideracións sobre a excelencia do film. Literatura e cine... Que gran combinación!

DENDE A BIBLIO CON AMOR 💘

Imaxe
Co gallo de San Valentín e, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Artes Plásticas, lanzamos un concurso cargado de letras e agarimo. Tratábase de deseñar MARCAPÁXINAS de libre creación, mais cunha única premisa: unha mensaxe de amor no anverso. Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro, poderedes ver a exposición dos marcapáxinas participantes na Biblio. Ide facendo as vosas apostas porque o venres 21, terá lugar a entrega de premios. Moita sorte aos participantes!! Aínda que afortunado en amores...

PELOS NA LINGUA

Imaxe
O pasado 21 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º da ESO que cursa as materias de Teatro e Dramatización, os integrantes do grupo de teatro do instituto e o grupo de reforzo de 1º ESO B, asistiron no Salón Teatro de Santiago á representación de Pelos na Lingua, a cargo da compañía Talía Teatro. Un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega. Interpretada por Toño Casais, María Ordoñez e Artur Trillo e escrita por Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende. Baixo a dirección de Avelino González. A compañía describe a obra deste xeito: Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o

VENRES MUSICAIS NA BIBLIOTECA

Imaxe
Desde o pasado 7 de febreiro estades convidados aos venres musicais. Como inicio desta nova sección tivemos a Dani Villar, de 3º B, coa súa fantástica exposición sobre Fito Cabrales.  Dado que os nosos gustos musicais abranguen un espectro moi amplo e que é moi enrequecedor o contacto con outras persoas que nos descubran novos artistas, nesta nova sección da nosa biblioteca gustariamos de que vos sentirades libres de poñer a música que vos guste. Queremos que compartades co resto do mundo os vosos gustos musicais, as vosas músicas favoritas.    

OF MADWOMEN AND ATTICS

Imaxe
Last year, one of the posts of this blog dealt with Charlotte Brontë's novel Jane Eyre. I hope that short article encouraged some of you to read the book. Today, I would like to expand on its influence. This 1847 novel introduced, apart from the eponymous heroine, a secondary character that was the basis for another influential book. In the original, Jane becomes the second wife of Mr Rochester. We are told in Brontë's pages that Bertha Mason, Rochester's first wife, is violently insane and locked in a room on the third floor of the house. However, her depiction leaves many questions unsolved about her past and this sparked the interest of a great female novelist, Jean Rhys, who placed Bertha at the centre of her masterpiece Wide Sargasso Sea (1966). It is a feminist and anti-colonial response to Brontë's novel, describing the background to Mr Rochester's marriage from the point-of-view of his mad wife, a Creole heiress. Antoinette Cosway (Bertha's maiden
Imaxe
PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019 Rematando o ano publicábase o fallo do Premio nacional de Poesía 2019 e por segunda vez recae sobre autoría galega. Pilar Pallarés é a quinta muller que o recibe, ademais dun referente indiscutible para as últimas xeracións poéticas en Galicia. E aínda así desde a prensa española seguen a preguntarlle por que escribe en galego... Imaxinades a pregunta á inversa? Esta é unha entrevista onde a autora afonda, ademais de na súa propia obra, na escrita en xeral, na escrita galega en particular, nos estereotipos nas concesións de premios, na saúde nas edicións en galego e no estado do ensino, ao que adicou a meirande parte da súa vida. Unha entrevista para non perder dunha muller dez. https://www.pikaramagazine.com/2019/12/receita-poesia-as-doenzas-do-seculo-xxi/

PREMIO NADAL 2020

Imaxe
La noche del siete de enero pasado, como cada año desde 1944, tuvo lugar una de las últimas tradiciones de cada Navidad, y que coincide desde hace más de siete décadas con el Día de Reyes. Un año más, se ha fallado el Premio Nadal , el galardón literario más antiguo de nuestro país, tras la tradicional cena de Reyes organizada por la Editorial Destino en el Hotel Palace de Barcelona.  La ganadora de esta 76ª edición ha sido la poeta y narradora Ana Merino (Madrid, 1971) que ha resultado vencedora por su novela El mapa de los afectos , el intimista relato de las vidas cruzadas de varios habitantes de un pequeño pueblo estadounidense donde se entrecruzan toda clase de emociones. Tomando como punto de partida la relación secreta que mantiene una maestra en una pequeña comunidad rural, la novela se adentra en la vida cotidiana y los misterios que esconden los habitantes del lugar. Sus vidas se encadenan a modo de episodios y se irán cruzando a lo largo de dos décadas. Poeta

NO PASADO ESTÁ A HISTORIA DO FUTURO.

Imaxe
A caída do Muro de Berlín, a Revolución Rusa, o atentando de Saraxevo e unha morea de acontecementos históricos máis, son momentos fascinantes, pero tamén esenciais para entender o mundo no que estamos a vivir. Mais o feito de que sexan de aprendizaxe obrigatoria, ás veces fainos menos motivadores e difíciles de comprender. Sabido é por todos que, hoxe en día, Youtube é unha ferramenta que nos achega aos contidos de xeito lúdico e dinámico, mais que acontece cando necesitamos afondar para un traballo? Pois ben, a nosa benquerida biblio conta cunha pequena gran colección, a Biblioteca Básica de Historia da editorial Anaya. Trátase dunha serie de 53 libriños en pequeno formato cuxa temática vai dende a Prehistoria ata o século XX, fáciles de ler e con moitas imaxes ilustrativas. A ferramenta perfecta para abraiar aos teus profes de Historia!

UN DÍA COMO INVESTIGADORES

Imaxe
Hoxe os alumnos de bacharelato do noso centro realizaron unha visita a tres centros de investigación científica en Santiago de Compostela. No Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, observaron como verdadeiros científicos o traballo cooperativo e multidisciplinar dos investigadores nas enfermidades como o cancro, a obesidade, enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas. No Insitituto Galego de Estatística, realizaron unha análisise de datos sobre os parámetros económicos do Concello de Ponteceso e da Comarca de Bergantiños. Tamén participaron nunha enquisa aprendendo a discriminar e interpretar os resultados, comprendendo a necesidade e utilidade da estatística, tanto en estudios sociais como económicos e na hora da toma de decisións. Por último e breve foi a abraiante visita ao Centro de Supercomputación de Galicia, onde fixemos unha importante reflexión sobre o almacenamento de datos, o proceso de simulación nos modelos de predición climatolóx

VOANDO CON MARTA

Imaxe
Danza e coreografía. Marta Cuba é unha artista gráfica e bailarina. As súas coreografías son creacións persoais moi creativas e de gran experimentación corporal. Traballa coas posibilidades do corpo, a performance e a improvisación. Xoga co espazo e as súas postas en escea están cheas de dinamismo e forza expresiva.  Un verdadeiro pracer visual! Festival danza Quince Gotas, A Coruña. http://quincegotas.com/galleries/marta-cuba-acumulacions-rebeldes/ Páxina web persoal : http://www.martacuba.com/ https://www.mover.martacuba.com/proxectos

VAN GOGH INMERSIVO

Imaxe
Durante dous meses podemos visitar no Círculo de Belas Artes madrileño a exposición "Van Gogh Alive", unha novidosa presentación onde as obras do pintor cobran vida. O espectador é rodeado polas vibrantes formas e cores do traballo de Van Gogh, que con xigantes magnitudes vóltanse aínda máis impresionantes. Pódese disfrutar dos detalles das obras, ver as constelacións que plasmou nos seus cadros ou como os paxaros saen voando animados dende as súas pinturas. Atopámonos ante un innovador xeito de observar a arte. Grazas á innovadora tecnoloxía SENSORY4TM as obras adquiren unha dimensión de 360º, chégannos fragancias dos espazos e lugares que nos rodean e todo isto ven acompañado dunhas músicas que sintonizan á perfección o paso das imáxenes. Para que vos fagades unha idea da experiencia, déixovos un enlace á reseña que dende RTVE fixeron da exposición. http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/td1-vangohg-261218/4912439/ Fotografía publicada na web do Círc