Publicacións

CLUBS DE LECTURA 2022

Imaxe
 Neste novo curso 2021/2022 dinamizamos os nosos clubs con novas lecturas. Contamos con máis grupos de lectura diversos, cada un con diferentes ritmos e temáticas. O club de lectura de 1º ESO aventurouse cunha primeira lectura de poesía: Nunca Mascotas de Paula Carballeira.  A partires da lectura dos poemas de Paula Carballeira, o alumnado creou as súas propias poesías apoiadas ademais por debuxos orixinais. Foi unha lectura con certa dificultade, pero que nos ofreceu a oportunidade para reflexionar sobre diversas condutas. 

24 de outubro Día das Bibliotecas

Imaxe
  Probablemente non sexamos capaces hoxe en día de nos imaxinar unha sociedade na que os libros non estean á nosa disposición grazas ao traballo das bibliotecas públicas. Desde o IES Eduardo Pondal querémosvos recordar que a nosa biblioteca está e estará sempre aberta ás vosas suxestións e encantada da vosa participación. Vídenos visitar se aínda non o fixerades este curso. A biblioteca non é só un lugar de empréstito de libros de lectura, é todo un mundo.

Un conto espantoso

Imaxe
A todo o mundo lle contaron contiños infantís cando era cativo. Neste Samaín usaremos como base das nosas historias eses contos tradicionais que calquera coñece (Carrapuchiña, Branca de Neve, O parruliño feo…), para crearmos a nosa propia versión... terrorífica. BASES DO CONCURSO - Terase en conta: * A orixinalidade (non caiades na tentac ión de irdes a San Google buscar “inspiración”) * A creación dunha verdadeira atmosfera de medo a través das vosas historias. * A presentación e a calidade da escrita. - Os relatos serán en galego e non superarán as 300 palabras. E como nos facedes chegar os vosos contos? Podedes envialos ao enderezo electrónico biblioaponte@gmail.com, poñendo no asunto "Un conto espantoso". Lembrade indicar tamén o voso nome e curso. A data límite para entregar as vosas creacións é o día 2 de novembro. A lectura compartida dos relatos terá lugar os días 4 e 5 de novembro na biblioteca. A entrega de premios anunciarémola eses días e a través do instagram. Ha...

Concurso de Cabazas

Imaxe
 

THE MOST POPULAR BOOK IN ENGLAND

Imaxe
Today we would like to recommend  Pride and Prejudice by Jane Austen (1775-1817). You can find an abridged version in our library, in the section of books written in English. We have chosen to introduce you to this novel since recently it was chosen to be the most popular book in England.  The first lines of the book are so well-known in England as our " En un lugar de la Mancha....": "It is a truth universally acknowledged that a single man in possession of a good fortune , must be in want of a wife"                                         But what is this book about? Elizabeth Bennet and her sister Jane are young, beautiful and intelligent. When wealthy bachelor Charles Bingley arrives in the neighbourhood, he  and Jane are immediately attracted to each other. His friend, Mr Darcy, handsome, rich but arrogant is impressed by Elizabeth but she does no...

CHICK COREA (1941-2021)

Imaxe
A morte  do pianista e compositor estadounidense Chick Corea aos 79 anos, deixa un vacío inmenso no mundo do jazz. Na súa traxectoria artística elevou o jazz a cotas nunca alcanzadas, traspasando os límites do xénero, probando con distintas correntes musicais e case sempre acertando. A súa osadía estaba estreitamente ligada a súa inmensa creatividade. Na súa páxina de Facebook, Chick deixou unha mensaxe agradecendo a quen lle axudara a "manter ardendo o lume da música. Teño a esperanza de que aqueles que se sintan inclinados a tocar, a escribir, a actuar, ou algo similar, o fagan. ...non é por eles mesmos, que sexa polos demáis...
Imaxe
     LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS, A CUARTA. Achégase o Día das Letras Galegas e queremos que escoitedes a voz espida da autora, Xela Arias, nun dos poemas máis coñecidos. Se estivese viva, muller comprometida, activista e rebelde como era en todos os campos, seguro que estaría cuestionando en voz ben alta nos medios ser ela a cuarta   muller homenaxeada. A cuarta. Desde 1963, nada menos. Deixo que valoredes vós.                                                           DENUNCIA DO EQUILIBRIO