Publicacións

THE PICTURE OF DORIAN GRAY, UNHA NOVELA CUNHA MENSAXE MOI ACORDE COS NOVOS TEMPOS.

Imaxe
Nun intento de dar algo de movemento aos solitarios libros da sección de literatura inglesa da nosa biblioteca, ocorréusenos recomendar a adaptación dunha das obras maestras do gran novelista e dramatugo irlandés, Oscar Wilde .  A obra en cuestión é The Picture of Dorian Gray . Mais, por que esta novela en concreto? Porque no mundo actual no que están tan de moda aplicacións de teléfono como Instagram, onde se promove o culto ao físico e subir á web os nosos mellores retratos, o argumento desta novela non podería ser máis axeitado e revelador. O protagonista, Dorian, cre que o único que vale a pena na vida é a beleza, o culto dos sentidos. Por iso, cando un pintor lle fai un retrato, non se lle ocorre outra cousa que desexar a xuventude e beleza eterna. Será o seu retrato, en vez do propio Dorian, o que vaia sufrindo e reflexando o paso dos anos ademais da maldade da súa alma. Imaxinádesvos permanecer sempre tan fermosos e novos como nas instantáneas que subides a Instagram...

BANDA DESEÑADA EN GALEGO

Imaxe
Ola e benvidos a todos e a todas. Hoxe abrimos a sección de galego do blog da biblioteca. Gustaríanos que fose un blog participativo, no que estudantes e profesores, foramos deixando a nosa pegada. Desde aquí, animámosvos a participar con achegas persoais e suxestións sobre o que consideredes oportuno. Para comezar direivos que acaba de saír, para aqueles amantes da banda deseñada ou cómic, a primeira banda deseñada sobre poesía galega. Aquí vos deixo a nova que saíu esta fin de semana na prensa: A banda deseñada galega poetízase O libro de  Yolanda  Castaño «O puño e a letra» estrea o cómic poético de 40 autores MARCOS MÍGUEZ                           RODRI GARCÍA                           12/11/2018 Neste outono de choiva e vento a banda deseñada galega vólvese poética. Faino con corenta traballos nos que non hai unha ...

POESÍA Y REDES SOCIALES

Imaxe
Quizás las musas griegas estarían sorprendidas de encontrar tantos poetas navegando a través del ciberespacio pero el progreso y las tecnologías no entienden de tradición. Y aquí estamos con una legión de vates modernos cabalgando a través de las redes sociales. Este fenómeno se expande por la web a través de blogs, tuits, tumbrl y Youtube y cuenta con miles de seguidores y likes . Es aquí donde aparece nuestro poeta moderno, Defreds , seudónimo de José Ángel Gómez Iglesias. Desde aquí os recomendamos una lectura de su primer libro de prosa poética, Casi sin querer: versos artesanos y sencillos para una época de vértigo.

QUE MARMÓREA DECEPCIÓN!

Imaxe
Estimados Artelladores: Comezamos aquí unha andaina que esperemos produza algúns froitos: contarvos de cando en vez algunha cousa interesante sobre varios temas... A respecto da arte grega, non esquecerei a vosa cara de decepción cando vos contei que algunhas das esculturas "gregas" do temario non son máis que copias romanas marmóreas de orixinais gregos en bronce, como o Discóbolo de Mirón, un icono da cultura occidental en xeral e do deporte en particular. Pero este feito revela nidiamente unha realidade incontestable: Roma quedou prendada da arte grega ata tal punto que foi incapaz de producir algo realmente novo... en moitos campos, claro. E de aí as copias, a necesidade compulsiva de reproducir en pedra o que outros fixeran en bronce. Por certo, empreguei a palabra "cara" porque se supón que estamos nun rexistro máis ou menos coloquial ou informal. Pero recordade que no comentario dunha obra de arte a palabra "cara" está prohibida! Os gregos n...

BAILAMOS?

Imaxe
Ola, para este ano temos como novidade este apartado de danza. Vai ser un espazo onde falaremos do movemento dun xeito creativo. Nesta ocasión e para que vexades o que se pode facer cunha cámara e un ordenador presentamos as pezas de Patricia Iglesias. Son coreografías cheas de cor, peluches e música alternativa. Se algún se anima podemos facer un vídeo clip...mirade o link e xa faleremos. https://vimeo.com/patriciaiglesiaspereira Performance Patricia Iglesias

MATEMÁTICAS E ARTE

Imaxe
Matemáticas e Arte Moitos sinten a beleza que as matemáticas teñen en si mesmas, a sinxeleza coa que modelos matemáticos representan a natureza e a nosa humanización do mundo. Outros nin o sospeitan, e coa finalidade de sorprendernos da relación entre Matemáticas e Arte, asistimos o 18/10/2018 a unha conferencia de Luis Rández na Facultade de Matemáticas da USC e aproveitamos para tamén visitar Santiago de Compostela e outras facultades do Campus Sur da Universidade. Velaquí tendes o enlace a Ars Qubica , unha curtametraxe de animación en 3D impulsado dende o "Instituto Universitario de Investigación en Matemáticas y Aplicaciones" da Universidade de Zaragoza. Ars qubica Para afondar nestas curiosidades podedes mergullarvos na nosa Biblioteca coa lectura de "La proporción áurea" de Mario Livio .

ARTES PLÁSTICAS

Imaxe
Ola ! Inauguramos este recuncho coa idea de mostrar manifestacións artísticas que seguro serán do voso interés pola súa orixinalidade e tamén como fonte de inspiración para as vosas creacións. Neste caso, presentamos debuxos feitos na rúa. Son propostas expontáneas, divertidas expostas como un collage. Superposicións de imaxes con texto, abstracción e figuración que en conxunto dan como resultado paredes cheas de inxenio....imaxinades Ponteceso así? Collage nas rúas en Berlín

MAGOSTO 2018

Imaxe
            ENDÓZATE CO OUTONO O Equipo de Dinamización Lingüística    e a Biblioteca do IES EDUARDO PONDAL de PONTECESO organizan un curso máis o tradicional concurso de sobremesas de outono. O obxectivo é que o alumnado interesado na cociña elabore os mellores doces (compotas, tortas, marmeladas, biscoitos, pasteis, galletas...) con froitos de outono (mazás, noces, uvas, cabazas, piñóns, castañas, marmelos...) e os comparta co resto da comunidade educativa. Todo o alumnado do centro está convidado a participar e deberá inscribirse na biblioteca antes do venres 9 de novembro.  As sobremesas presentaranse o mesmo día de celebración do Magosto, o venres 16 de novembro. Recordade que as receitas que vaiades elaborar debedes de redactalas en galego e envialas ao correo da dinamizadora: evagarciareino@gmail.com. O xurado encargado de valorar as sobremesas terá en conta    tanto o sabor como a presentación, orixinalida...

CONTOS DE OGRAS, AVENTURAS, BADALADAS E PIRATAS...

Imaxe
Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas... Así se titula o libriño que estamos a ler no Club de Lectura de 1º e 2º ESO ... Recordade que quedamos en subliñar unha palabra en cada un dos relatos, a que máis vos chamase a atención... Eu xa teño unha: "randeeira"... Sabedes o que é unha "randeeira"? Agardamos máis palabras para a próxima xuntanza... Na imaxe, tedes o segundo libro deste curso, para ler no Nadal...

SAMAÍN 2018

Imaxe
Chegado o tempo das cabazas, das misteriosas historias de mortos e pantasmas, o tempo do medo, pensamos dende a Biblioteca e o EDLG do noso centro que estariades dispostos a facernos tremer con dous concursos que vos propuxemos: - O tradicional concurso de cabazas, onde se valorou especialmente a orixinalidade e a elaboración. - Un concurso de cómic Samaín, no que o alumnado tiña que crear un cómic baseado nunha historia ambientada neste tempo de medo e misterio. Sen dúbida, trememos, arrepiamos e tamén rimos coa imaxinación que lle botastes as vosas creacións! Noraboa a todo o alumnado participante e moitas grazas pola vosa colaboración. No enlace deixámosvos unha pequena mostra do que foi a entrega de premios.  https://issuu.com/beadeplastica/docs/samain_2018_30a150b09659bf