UNHA LECTURA DIFERENTE: MEMORALIA
Despois de todo un curso facendo traballo de campo e preguntando aos máis vellos, xa puidemos recoller, negro sobre o branco, os resultados do traballo de investigación dos alumnos de 4º ESO de Xeografía e Historia. Son varios artigos que xa ven a luz na segunda entrega de Memoralia, os Cadernos de Historia e Patrimonio. Versan sobre Ponteceso, Malpica, Cabana, Carballo (Berdillo) e Muxía. Algúns alumnos incluso aportaron gravación sonora dos contidos da investigación, como as coplas dunha cantareira de Mens ou o diálogo sobre a posguerra entre dúas mulleres de Berdillo. Uns están mellor ca outros, pero todos teñen o seu mérito. Noraboa a todos os alumnos, que ademais remataron hoxe o curso e marchan o luns a Barcelona (non haberá un destino mellor, por certo?). ...