Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

VENRES MUSICAL: 27 de febreiro

Imaxe
  Hoxe durante o recreo, volvemos realizar a actividade dos "Venres musicais" en Biblio A Ponte , na que participou o alumnado de 1º ESO deleitándonos con actuacións musicais variadas. Comezou Alejandro Varela Iglesias tocando dúas pezas de acordeón, seguido de Martina Novoa Varela e Lucía Rodríguez Castro cos ukeleles e máis as súas voces, acompañadas tamén pola voz de Naia Ferreiro Amado. Por último, Lucía Rodríguez tocou tamén o seu acordeón, poñéndolle fin a esta variada actuación. O público asistente aplaudiu con estusiasmo a música dos seus compañeiros e, sobre todo, a valentía de amosar os seus talentos a toda a comunidade educativa que se achegou ata Biblio A Ponte neste  no seu tempo de lecer. Parabéns aos artistas e grazas a todos os asistentes!!!

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
  Este curso conmemoramos o Día de Rosalía o máis preto posible da nosa autora.  O alumnado de 1º de Bacharelato desprazouse a Santiago para participar na celebración dos actos que a Fundación Rosalía de Castro organizou para ese día.  Acudimos á Praza de Vigo para presenciar a ofrenda floral á autora e o recital de versos de Rosalía de alumnado dos centros de primaria da cidade compostelana. A continuación, acompañados da Alborada cos Carapaus, desprazámonos ata o Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval) onde participamos na lectura de poemas rosalianos e escoitamos a música dos Carapaus e Uxía & Javier Ruibal. Os nosos alumnos Loia Herforth e César Becerra representáronnos no acto coa lectura dos poemas: "Estranxeira na súa patria" e "Tecín soa a miña tea". 

DÍA DA LINGUA MANTERNA: CONTOS E CANTOS.

Imaxe
Este curso o EDLG, en estreita colaboración coa Fundación Eduardo Pondal, decidimos conmemorou o Día da Lingua Materna coa realización de lecturas dramatizadas en galego por parte do alumnado do noso centro nos diferentes centros escolares do concello.  O alumnado de 1º e 3º da  ESO e do CM APSD partillou lecturas dramatizadas de contos como "A casa da mosca chosca", "As tres curuxiñas" e "A galiña roxa"  co alumnado de infantil e primaria do CRA Nosa señora do Faro, CEIP Eduardo Pondal, CEIP As Forcadas e a Galiña Azul. A contada da rapazada estivo acompañada da música e dos cantos da asociación musical Queixumes da Fundación Eduardo Pondal.  Deixámosvos unha mostra do que foi esta enriquecedora experiencia na que amosamos que a nosa ligua segue máis viva ca nunca:  https://www.instagram.com/reel/DU-ij5qjDBO/?igsh=cGZreHV5Nzc2OGJ6

Torneo de debate: TDAG

Imaxe
  O alumnado de Oratoria de 3º de ESO, no día de onte, volveu demostrar o seu talento e compromiso coa comunicación oral no VIII Torneo de Debate Académico de Galicia , organizado pola Fundación Barrié na Coruña. Nesta cita, que reúne centros de toda Galicia e promove o pensamento crítico entre a mocidade, as nosas alumnas, Sara Rojo Gerpe, Alba Torrado Duarte, Uxía Antón Bellón, Sofía de la Cruz Oblanca, Gabriela Mata Vásquez e Valeria Soage Castro, defenderon con solvencia e madurez as súas posturas arredor dunha cuestión tan actual como complexa: S on necesarios os deberes escolares para aprender mellor? Ao longo dos dous debates realizados, amosaron unha preparación rigorosa, capacidade para argumentar con claridade e unha admirable habilidade para escoitar, responder e adaptar o discurso en tempo real. O debate converteuse así nun espazo de aprendizaxe viva, onde a palabra se transforma en ferramenta para analizar a realidade, contrastar ideas e construír coñecemento de maneir...

30 xaneiro: Día da Paz

Imaxe
  Biblio A Ponte , xunto co equipo de convivencia, celebrou este ano o Día da Paz cun acto conmemorativo no que participou todo o alumnado. A xornada comezou cunha breve presentación sobre o significado da data e a importancia de construír espazos de convivencia baseados no respecto e na solidariedade. A continuación, as alumnas do ciclo medio de APSD e máis o alumnado de Oratoria, deron lectura a un manifesto elaborado colectivamente nas aulas, no que reivindicaron a necesidade de promover o diálogo, rexeitar a violencia e apostar por unha sociedade máis xusta e inclusiva. As súas palabras, cheas de compromiso e sensibilidade, foron recibidas cun silencio atento e respectuoso por todo o público. Tras a lectura, o ambiente encheuse de música grazas á actuación do alumnado de 2º ESO: Alma González Pombo co violín, Leyre García Asensio e Dani Méndez Castro coas guitarras, interpretaron varias pezas preparadas para a ocasión. A actuación creou un momento emotivo que puxo o broche fina...