Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

ORIXES DO HIP HOP

Imaxe
o Hip Hop é un acontecemento histórico relativamente recente, e non pasou o suficiente tempo como para velo todo coa debida perspectiva. Nace nun contexto rueiro e transmítese de forma espontánea en diferentes lugares á vez, así que os que estiveron nos inicios non coinciden na mesma versión dos feitos. A gran maioría coincide en que o Hip Hop como movemento cultural xurdiu a finais dos 60, pero foi a principios dos 70 cando a palabra Hip Hop empezou a utilizarse para nomear a devandita cultura. Para comprender o nacemento desta cultura hai que remontarse ao Barrio do Bronx en Nova York en 1953, barrio onde convivían familias afroamericanas, afrocaribeñas e xudeas. Imaxes da estética do Hip Hop:

BONNE FÊTE, PROFESSEURS DE FRANÇAIS !

Imaxe
Saviez-vous qu’il existe un jour consacré à votre prof de  français ? Et bien, c’est justement aujourd’hui  ! Son objectif ? Valoriser le métier d’enseignant de français par des activités et des évènements qui vont créer du lien et de la solidarité. C’est un jour où les enseignants vont échanger, se réunir pour des moments conviviaux, partager leurs expériences et leurs pratiques. Qui organise ? Dans chaque pays, un comité national d’organisation va réunir les institutions et personnes engagées dans l’enseignement du français. Et pourquoi apprendre le français ? Pourquoi se lancer dans l'apprentissage de la langue française ? Parfois considérée comme difficile à écrire et  à prononcer, elle est aussi et surtout une merveilleuse langue, autant d'un point de vue professionnel que social. C'est une vectrice de valeurs universelles, de multicultularité et d'ouverture sur le monde. Voici quelques arguments... en images :

BIG LITTLE LIES

Imaxe
 E continuamos recomendado series para as nosas lectoras e lectores!!! Hoxe propoñemos de novo unha serie estadounidense que se pode ver na plataforma HBO , trátase de Big Little Lies , traducido ao galego sería algo así como: "Pequenas grandes mentiras". Coa presenza de actrices consagradas como Nicole Kidman ou Reese Whiterspoon, a serie con dúas tempadas xa rematadas e cun final aberto, cóntanos as vivencias e peripecias de cinco nais nunha California idílica e actual. Pero, non é ouro todo o que reluce, e segundo avanza a historia coñecemos os medos, os traumas, os vicios, as debilidades destas "supermamás", que ante todo, defenden aos seus fillos.  Nos capítulos podemos atopar cinco vidas diferentes, cinco historias coas súas cicatrices... e sobre todo atopamos un desenlace final da primeira tempada que nos vai deixar sen palabras. As mulleres son as protagonistas, elas ódianse neste relato contemporáneo sobre a familia, pero tamén son as féminas as que se unen...

"CONVIDADAS" NO MUSEO DO PRADO

Imaxe
"Una joya" 1900, María Luisa Puiggener Nos últimos anos a historia da arte estase a plantexar unha serie de preguntas que xa foran abordadas pola crítica feminista o pasado século: Qué papel ocuparon as mulleres no mundo da cultura e todo o relacionado coa súa práctica artística. Non temos mais que ver o espazo que destinan os museos ás mulleres creadoras. En relación a esta reflexión o Museo do Prado preséntanos unha exposición onde fai un percorrido pola situación da muller no sistema de arte español, e faino a través das obras menos coñecidas da súa coleción. A exposición, realizada primordialmente con fondos do propio Museo do Prado, reivindica o papel da muller e a hostilidade coa que foi tratada polo sistema no século XIX e os primeiros anos do XX.  No seguinte enlace podedes visitar dun xeito virtual a exposición e acceder á información sobre ela.

ARRANCAMOS, POR FIN, COS CLUBS DE LECTURA!

Imaxe
Máis tarde do habitual, pero no por iso con menos ansias póñense en marcha os clubs de lectura deste curso 2020/2021. Non todos os clubs teñen as súas lecturas seleccionadas, pero algo vos podemos adiantar por se aínda estades indecisos e así vos decidides a participar:  -   Plan de rescate de Antía Yañez e  Brian, o Chinés   de Andrés Meixide para o alumnado de 1º ESO.  -  La clave secreta del Universo de L Hawkins para o alumnado participante no Club de Ciencias. - Un hijo de Alejandro Palomas para o club de lectura de 4º ESO. -  Wuthering Heigts de Emily Bronte para alumnado de Bacharelato do club de lectura en inglés, una novidade este ano e unha grande oportunidade de conversar en inglès dunha maneira distendida.  Quedan lecturas pendentes de seleccionar en clubs de lectura como o de 3º ESO; agardamos que alguna delas vos poidan interesar ou ben que sexades vós os que traiades suxestións novas e interesantes que nos permitan abrir no...

UNHA NOVIDADE PERIODÍSTICA NA BIBLIO: O PAPAGAIO

Imaxe
 Se aínda non te achegaches pola nosa biblio este curso, xa estás tardando para ver algunha das novidades que agardamos ofrecervos este ano tan especial.  Para empezar contamos cun novo xornal impreso en papel reciclado, a cor e en LINGUA GALEGA. Trátase de O Papagaio , un xornal de xente miúda no que podedes atopar unha gran diversidade de temas: ciencia, historia, arte, ecoloxía, natureza, mitoloxía, arquitectura, informática e moito máis.  Creado por Abraham Carreiro en 2016, na súa edición participan un grupo de profesionais da banda deseñada e da escrita.  A súa distribución corre a cargo do Consorcio  Editorial Galego, e cada mes ofrecécenos 16 páxinas a cor e ilustradas cun tratamento moi ameno e divertido. Se queres botarlle un ollo ao seu formato dixital non tes máis que prmer na seguinte ligazón:  https://www.opapagaio.gal/ .

CELEBRACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN

Imaxe
 Como sabedes o pasado venres 30 de outubro celebramos un particular Samaín no instituto. Temos que agradecer a vosa participación a pesares de que estes tempos non animan moito á festa. Grazas a vós tivemos máscaras aterradoras e cabazas terroríficas.  Despois do esforzo realizado chegou a hora de recoller os merecidos premios, e o venres 6 de novembro tivo lugar na biblio a entrega destes recoñecementos. Os agraciados no concurso de cabazas foron: Salva, Leo, Antía, Anxo, Uxía, Yessica e Brais. Noraboa polo voso traballo e a vosa imaxinación! Pero isto non foi todo, o derroche de arte na elaboración das máscaras non quedou atrás, polo noso photocall desfilaron un sinfín de arrepientes creacións. O xurado non o tivo fácil, e finalmente os premios foron para: Lidia, Brenda, Yanira, Sergio e Claudia. Parabéns!!! Unha vez mais grazas a todas e todos os que participáchedes e ... ídevos preparando para a convocatoria de Nadal, que xa non queda nada!

MAKER FAIRE GALICIA

 Evento para makers que non vos deberiades perder: Maker Faire Galicia . A Maker Faire Galicia celebrará a súa edición do 18 ao 22 de novembro do 2020 na Cidade da Cultura de Santiago. Este ano non se pode visitar físicamente pero si de modo virtual ademáis de inscribirvos en obradoiros. Deixámosvos a ligazón para que vos animedes! https://galicia.makerfaire.com/

MÚSICA PARA DESPERTAR

Imaxe
 O Alzheimer volve a memoria un espazo vacío donde a beleza dos recordos se perde. A mente humana é, sin embargo, tan sorprendente, que ás veces garda recovecos intactos esperando ao estímulo adecuado para devolver as emocións ao espazo que lles corresponde. Un deses pequenos miragres é protagonista dun maravilloso video publicado pola Asociación Música para Despertar. É a historia de Marta, unha brillante bailarina que chegou a ocupar en 1967 o posto de primeira figura do ballet en Nova York. Enferma de Alzheimer e vacía de memoria, Marta é unha anciana ingresada nunha Residencia de Valencia, que vibra cando comeza a escoitar a música de Tchaikovsky. É o Lago dos Cisnes.

EXTRAORDINARY WOMEN

Imaxe
                                                                                   EXTRAORDINARY  WOMEN by Burlington Books   We have a new graded reader in our library which I highly recommend. Its title is Extraordinary Women. It includes the stories of four great but underrated women, who achieved amazing things during their lives and left us a great legacy. Although today they are recognised and admired, this was not the case during their lifetimes. Colette (1873-1954) was a French novelist and journalist who was nominated for the Nobel Prize in literature in 1948. Even though whe wrote a series of successful novels, her husband published them under his own name. A film about her life was released in 2018. You can see the trai...

LETRAS: 2020 TEN NOME DE MULLER

Imaxe
Aínda estabamos a superar a resaca feliz dos dous premios acadados pola potente voz de Olga Novo con Feliz idade (premio nacional de poesía) e mais por Alba Cid co seu metaliterario Atlas (premio nacional de poesía xove) cando esta fin de semana chega a nós o fallo do XV certame literario Illas Sisargas, convocado pola asociación Caldeirón de Malpica coa colaboración do concello. De novo dous nomes de muller: Charo Pita con O cuarto de Jane e mais Laura Ramos Cuba, que acadou o accñésit coa obra Rascamaceiras. Estamos de noraboa!! Moito por ler… Enriba, Charo Pita,  Embaixo, Laura Ramos  

EL OLVIDO QUE SEREMOS, DE HÉCTOR ABAD FACIONLICE

Imaxe
El 25 de agosto de 1987 Héctor Abad Gómez, médico y activista en pro de los derechos humanos, es asesinado en Medellín por los paramilitares. El olvido que seremos es su biografía novelada, escrita por su propio hijo. Un relato desgarrador y emocionante sobre la familia, que refleja, al tiempo, el infierno de la violencia que ha golpeado Colombia. El título de la novela deriva de un poema de Jorge Luís Borges y además de exponer con ternura la relación paterno-filial y el contexto familiar que centra el volumen, sirve para mostrar durante varias décadas del pasado siglo el ambiente en Colombia de enfrentamiento urbano, social, que conlleva consecuencias dramáticas. Una novela emocional, directa a las entrañas y que tras leerla no caerá en el olvido.

TAL DÍA COMO HOXE...FAI 30 ANOS

Imaxe
O 9 de novembro de 1898 caía a cicatriz visible da II Guerra Mundial. Tras o conflito Alemaña foi repartida e dividida en dous bloques: por unha banda, na zona occidental as potencias vencedoras (Estados Unidos, Reino Unido e Francia) crearon a República Federal Alemá (RFA), por outra banda, na zona oriental a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) fundou a República Democrática de Alemaña (RDA).  A mesma división reproducíase na capital do país: Berlín. Nesta cidade os soviéticos decidiron construír un muro que simbolizaba a división infranqueable entre dous mundos enfrontados. Tratábase dun paredón de case catro metros de altura que atravesaba máis de corenta e cinco km da cidade e protexido por perigosas medias de seguridade. Estivo en funcionamento 31 anos dende a súa inauguración o 31 de agosto de 1961. Durante este tempo foron moitas as persoas que intentaron cruzar o muro: máis de 100.000 intentaron fuxir, foron detidas máis de 3.000 e morreron unhas 125 segundo a...

BIENVENUE!

Imaxe
Bienvenue à toutes et à tous! Je vous souhaite la bienvenue à cette nouvelle section de la bibliothèque.  Au cours de cette année, je vous proposerai différents articles concernant la culture francophone. Pour commencer, je suis sûre que vous connaissez l'Association de Jumelage Isle-Jourdain et Carballo. Saviez-vous qu'à part les voyages en France organisés annuellement, il y a aussi différentes activités pendant toute l'année? Je vous laisse ici les deux dernières activités organisées. Elles sont vraiment très sympa et pour tous les publics. Participez!

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

Imaxe
 Moi boas a todos e a todas amigas do blog da nosa biblioteca!!! Hoxe estreamos nova sección: recomendacións de series de televisión e filmes! Nos últimos anos apareceron numerosas compañías de streaming  como Netflix ou HBO. Pouco a pouco, foron gañando adeptos e ninguén pode negar que algunhas das series que nos ofrecen son auténticas xoias, para moitos a altura dos grandes filmes. Por todo iso, nesta sección imos recomendar tanto series como películas. A recomendación desta semana é a serie que se emite en HBO, Euphoria . Trátase dun relato directo e brutal ao espectador, onde nos presenta a unha adolescente, Rue Bennet, que é drogadicta e que acaba de saír dun centro de desintoxicación. Aquí comeza o relato da súa existencia, con numerosos flashback e tamén cun monólogo interior que nos mergulla nun universo de adolescentes que viven máis que nunca día a día, pero que queiman etapas a un ritmo vertixinoso... Parece que nesta historia, magníficamente interpretada pola actri...