Publicacións

PEGÁMONOS A LOITA NO 25 N!

Imaxe
 Coa fin de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades co alumnado da ESO durante as titorías do mes de novembro.  A visualización previa de contidos relacionados coa temática derivounos á creación en equipas de haikus sobre esa temática acompañados de ilustracións que representan ao haiku escrito. Finalmente, o alumnado voluntariado da biblioteca elaborou na aula de polos creativos pegatinas cos haikus creados que se repartiron o 25N nun posto ideado para tal fin no vestíbulo do centro.  Con esta actividade, xunto con outras que se están a desenvolver esta semana, queremos incidir un curso máis na necesidade de continuar na loita contra esta lacra que segue a estar presente na nosa sociedade.

Un SAMAÍN ben celebrado!

Imaxe
  O pasado venres celebramos o Samaín na biblioteca coa entrega dos premios convocados: concurso de microrrelatos e concurso de cabazas. Para isto o alumnado do voluntariado decorou o espazo de xeito moi apropiado con candeas, teas de araña, pantasmas, etc. e cada participante fixo a lectura do seu microrrelato nun ambiente de misterio e terror!!! Unha vez finalizadas as lecturas, fíxose entrega dos premios que consistiron en estoxos, rotuladores, bolsas creadas polo voluntariado e bocatas para todos!!! O alumnado gañador foi: Celtia Pose, Noa Méndez, Alicia Facal e Xiada Rivera. PARABÉNS!!!! Ademais a biblioteca tamén estivo ambientada polos epitafios realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Foi un recreo divertido, diferente e cheo de lecturas terroríficas!!👻👻👻 Se queredes escoitar as historias de medo...

24 de outubro: Día das Bibliotecas

Imaxe
 

Concurso de cabazas

Imaxe

17 de outubro: Día do Patrimonio

Imaxe
 Hoxe conmemoramos o Día do Patrimonio e como centro "Modelo Ponte nas Ondas" queremos aportar o noso gran de area para poñer en valor a importancia da conservación do patrimonio. Por este motivo, o voluntariado da biblioteca seleccionou varios libros dos nosos fondos que tratan temas como as tradicións do entroido, os oficios, o cancioneiro... e principalmente os xogos populares tradicionais os cales actualizamos a través da celebración do magosto. Para a exposición tamén contamos con fotografías antigas tomadas en distintos puntos do concello. Cada ano o magosto é unha data significativa para o noso alumnado que celebra esta época outonal coa práctica de diferentes xogos tradicionais acompañados de ricas castañas. Este ano, parte do alumnado de proxecto competencial investigou sobre estes xogos explicando o seu desenvolvemento e deixando constancia da súa práctica a partir da voz do alumnado. Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace: 

Comenzaron as lecturas!

Imaxe
 O alumnado de Bacharelato xa deu inicio á súa lectura centrada na novela O incendio , de Sara Vila Alonso. Este pasado venres toucou sesión de compartir as primeiras impresións:

Crea unha historia terrorífica!!!

Imaxe
 

Queres vir xogar?

Imaxe
 Imos dar comezo á liga de xadrez deste curso, así que se che gusta xogar ou queres aprender, este venres 26 de setembro, pásate pola biblioteca na hora do recreo e sairás ben informado!!

COMEZAMOS COS CLUBS DE LECTURA "PONTE A LER"

Imaxe
 Este pasado venres 19 de setembro celebramos a xuntanza inaugural do Club de Lectura "Ponte a ler".  Nesta primeira reunión perfilamos os posibles clubs de lectura segundo os intereses expresados polas lectoras e lectores, e este foi o resultado: - Un club de lectura de manga, banda deseñada e cómic. - Un club de lectura de narrativa para diferentes niveis: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO e Bacharelato. - Un club de lectura de adultos para familias, profesorado e persoal non docente.  Son varias as posibilidades que tes de apuntarte, se aínda non o fixeches ou no puideches asistir a este primeiro encontro. Estás a tempo de unirte e, sobre todo, ler!!!

BiblioAPonte anda na procura de...

Imaxe
 Un ano máis queremos contar con vós para que nos botedes unha man nas múltiples actividades que organiza a biblioteca, por iso esperamos vervos o próximo venres no recreo para que formedes parte do novo Voluntariado!!