Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

TRABALLO FEITO!! Imos de Nadal...

Imaxe
Acabouse o trimestre e a Biblioteca tamén celebra estas datas con actividades variadas. Durante este mes, os voluntarios e voluntarias e demais alumnado do centro estiveron a decorar a nosa biblio e este é o resultado:                    Fixemos estrelas e copos de neve, unha árbore con libros e ata un belén de Playmóbil!!!                                  Ademais tamén temos gañadores no noso concurso de postais e desde aquí damos os parabéns a Salma Ocampo Rúa polo primeiro premio e a Grecia Neira Abelenda polo accésit. Por último, tamén queremos achegarvos as nosas recomendacións de lectura para estas datas de descanso. Se pinchades no enlace poderedes acceder ao traballo do alumnado que vos recomenda amenas lecturas. https://sites.google.com/view/ponte-a-ler/inicio Desexámosvos un BO NADAL cheo de LIBROS!!!! ⛄⛄⛄⛄

E CHEGOU... O NADAL!!

Imaxe
Outro ano máis a Biblioteca convoca o tradicional Concurso de Postais para que toda a comunidade educativa participe creando a nosa felicitación deste Nadal 2023. Animádevos a debuxar unha postal ben fermosa!!!! Aquí deixamos as bases e ampliamos o prazo de entrega ata o día 18 de decembro :

NOVOS TÍTULOS PARA O CLUB DE LECTURA.

Imaxe
  Practicamente  rematado este primeiro trimestre, fagamos balance das lecturas realizadas polos diferentes clubs de lectura da nosa familia lectora "Ponte a ler":  O club de manga, banda deseñada e cómic segue a ser o máis activo. Despois de lecturas como as de Orange, Dr Stone ou Detective Conan , as e os integrantes do club estamos a decidir as vindeiras aventuras nas que nos imos embarcar. As propostas son varias: Blacksad, Sombras sobre Shimanami, Contrapaso, Los hijos de los otros, Look Back ou mesmo o clásico Jane Eyre , foron as elixidas polo club e pronto estarán dispoñibles na nosa biblioteca.   Por outra banda, a narrativa vertébrase en diferentes clubs: o alumnado de 1º ESO optou pola lectura de Mitos gregos de María Angelidou, mentras que o alumnado veterano da ESO comezou a súa viaxe lectora con Azucre de Bibiana Candia e acaba de rematar Afogada de Rocío Leira, aínda están a pensar por que roteiros queren seguir... Para o alumnado de 1º de Bach...

CELEBRAMOS O SAMAGOSTO!

Imaxe
  A celebración do Samagosto no noso instituto foi todo un éxito, contamos cunha importante participación do alumnado nos diferentes concursos.  Deixamos aquí  unha pequena mostra do que foi cada un deles: CONCURSO DE CABAZAS Neste Samaín contamos con dezasete cabazas!!! Cada cal máis arrepiante e decoradas co estilo persoal de cada participante. Entre todas elas, as seleccionadas polo xurado foron as de:  - Ainoha Doldán de 2º ESO A, que se fixo co 1º Premio da categoría A.  - Alba Torrado de 1º ESO B, que recibiu un accéssit dentro desa mesma categoría.  - Melissa Mata de 1º CM de Atención á Dependencia, que se fixo co primeiro premio da categoría B.                                                                         CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO A tematica do terro...

PREPARADOS PARA BERRAR DE MEDO????

Imaxe
  Chega o SAMAÍN A mediados de outubro, e como todos os anos, no IES Eduardo Pondal comeza a sentirse unha certa inquedanza... está a chegar o SAMAÍN e temos que prepararnos!!! Este ano, como novidade imos celebrar o SAMAGOSTO!!! unha mestura entre o Samaín e o Magosto, ambas festas que nos gustan tanto. Por iso, desde a biblio chegamos cargadiños de propostas: un concurso de cabazas, unha exposición de libros "terroríficos", outro concurso de microrrelatos de medo... e para todos eles... HAI PREMIOS!!! Por agora, imos informando...                                                                                  

NOVO CURSO... NOVO ALUMNADO!!

Imaxe
  A finais de setembro o equipo da biblioteca puxo en marcha unha nova edición da formación de usuarios, principalmente para os novos estudantes que chegan ao centro.      Así, durante unha semana e media, todo o alumnado de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FPB foron baixando á biblioteca para coñecer a disposición dos fondos bibliográficos, as diversas seccións temáticas que poden consultar, as actividades que se ofertan como o Voluntariado, os Clubs de Lectura, a Radio, etc.      E despois de moito atender e aprender, realizaron uns xogos de busca de libros, ordenación e consulta de información.      

A POESÍA ESTÁ DE VOLTA NO IES EDUARDO PONDAL

Imaxe
    Unha cesta de  cereixas                                                              Actividade poética no IES Eduardo Pondal de Ponteceso Este ano, a poesía tivo un protagonismo especial no noso centro. Foi no mes de marzo cando nos visitou o poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello para inaugurar unha biblioteca de poesía: o fondo Paco Souto composto polos máis de 200 títulos da colección Espiral Maior que a familia do poeta que lle dá nome, a nosa compañeira Emma Abella, doou en recordo do seu home ao instituto. Despois, foron o poeta de Ponteceso Miguel Mato Fondo e a poeta cormelá Diana Varela Puñal quen nos honraron na Semana das Letras Galegas coa súa presenza.  Dúas figuras de sólida traxectoria creativa vinculadas directamente a Ponteceso ás que quixemos recoñecer dedicando dúas árbores, unha cerdeira p...

Día das Letras Galegas

Imaxe
  Como cada curso, o noso centro quixo festexar o día da nosa lingua; da poesía en galego. Este ano dende a Bilioteca decidimos adicar unha das nosas árbores a escritores ou creadores da contorna e que seguiremos a realizar cada curso.  Nesta ocasión as árbores escollidas foron a cerdeira e o bidueiro para Diana Varela Puñal e Miguel Mato Fondo. E en palabras de Diana Varela deixámosvos o texto sobre que é a poesía. A poesía como vía de comunicación literaria. A poesía ten que ver coa música, a beleza e a filosofía, tres factores que sobrevoan sempre na miña maneira de vivir. É tamén unha forma de comunicación polo que, ademáis de para conectar ritmo, pensamento e estética, sirve para expresarnos. Cantautores de todas as épocas -tamén o rap de hoxendía, o hip hop, ou rock- empregaron a poesía como unha maneira de transmitir ideas, sentimentos ou a realidade socio-política, como é o caso da chamada “canción denuncia” ou a poesía social. Porque a poesía é sempre revolucionar...

CERTAME DE REALTO CURTO DO IES EDUARDO PONDAL

Imaxe
 

CERTAME DE POESÍA DO IES EDUARDO PONDAL

Imaxe
 

Encontros literarios e venres musical

Imaxe
  O venres día 28 de abril presentouse a colección de poesía de Espiral Maior, doada pola profesora deste centro, Emma Abella. Aproveitando o acto, convidamos áo escritor e editor,  Miguel Anxo Fernán-Vello co que puidemos conversar sobre poesía e literatura, lembrando por suposto a Paco Souto. Foi un acto fermoso e emotivo, ambientado polos nosos alumnos do venres musical, neste caso o grupo de gaitas, tamboril e pandeiretas. 

Visita á Coruña

Imaxe
  Para conmemorar o día do libro e como mostra de agradecemento polo traballo realizado do noso alumnado voluntario na Biblioteca e dos clubs de lectura, este curso visitamos a magnífica biblioteca do Ágora e a editorial Bululú na Coruña. Foi unha viaxe moi interesante onde puidemos coñecer o funcionamento dunha blioblioteca doutra escala, adicada ao seu barrio e á cidade, ademais de asomarnos ao mundo editorial da man de Xosé Duncan, editor de Bululú; unha pequena editorial onde o bo facer nos achega a literatura de calidade. Repetiremos!  

Semana Cultural 2023

Imaxe
  Na Semana Cultural celebrada no noso centro do 11 ao 14 de abril , tivemos a oportunidade de escoitar aos nosos ex alumnos as súas experiencias sobre os estudos superiores e a vida laboral que están a vivir.  O encontro foi moi produtivo para o noso alumnado de Bacharelato.  Grazas pola visita!