ASINA POR UNHA PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO!!
Sabiades que a galega é a única lingua oficial do Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil? Canles como Clan, Super3 ou ETB3 permiten aos rapaces e rapazas do Estado español desfrutaren dos mellores contidos televisivos na súa lingua propia agás as crianzas galegas. Só un 4.6% da programación telivisiva semanal está en galego e na fin de semana cae ata un 2,7%. Da urxenza de mudar este alarmante retroceso da presenza da linga galega na programación televisiva nace unha iniciativa parlamentaria que reclama unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega. A petición, que reuniu a través da web preto de 15000 sinaturas, está agora na fase de recollida física de apoios para o trámite parlamentario. Máis de 250 establecementos de todas as comarcas galega colaboran coa mesa pol...