BO NADAL!!! A postal gañadora do concurso deste ano foi a de Uxía Antón Bellón, que coa súa mensaxe vai representar ao centro nas felicitacións do Nadal!! Parabéns Uxía!
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2025
Preparándonos para o Nadal!!!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Iniciamos o mes de decembro e dende a biblioteca comezamos a argallar as actividades para o Nadal. As voluntarias xa se puxeron a traballar na decoración do espazo e tamén convocamos o noso tradicional concurso de postais de Nadal!! Animádevos a participar e que sexa a vosa postal a imaxe representativa do IES Eduardo Pondal para felicitar estas festas!!
PEGÁMONOS A LOITA NO 25 N!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Coa fin de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades co alumnado da ESO durante as titorías do mes de novembro. A visualización previa de contidos relacionados coa temática derivounos á creación en equipas de haikus sobre esa temática acompañados de ilustracións que representan ao haiku escrito. Finalmente, o alumnado voluntariado da biblioteca elaborou na aula de polos creativos pegatinas cos haikus creados que se repartiron o 25N nun posto ideado para tal fin no vestíbulo do centro. Con esta actividade, xunto con outras que se están a desenvolver esta semana, queremos incidir un curso máis na necesidade de continuar na loita contra esta lacra que segue a estar presente na nosa sociedade.
Un SAMAÍN ben celebrado!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
O pasado venres celebramos o Samaín na biblioteca coa entrega dos premios convocados: concurso de microrrelatos e concurso de cabazas. Para isto o alumnado do voluntariado decorou o espazo de xeito moi apropiado con candeas, teas de araña, pantasmas, etc. e cada participante fixo a lectura do seu microrrelato nun ambiente de misterio e terror!!! Unha vez finalizadas as lecturas, fíxose entrega dos premios que consistiron en estoxos, rotuladores, bolsas creadas polo voluntariado e bocatas para todos!!! O alumnado gañador foi: Celtia Pose, Noa Méndez, Alicia Facal e Xiada Rivera. PARABÉNS!!!! Ademais a biblioteca tamén estivo ambientada polos epitafios realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Foi un recreo divertido, diferente e cheo de lecturas terroríficas!!👻👻👻 Se queredes escoitar as historias de medo...
24 de outubro: Día das Bibliotecas
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Concurso de cabazas
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
17 de outubro: Día do Patrimonio
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Hoxe conmemoramos o Día do Patrimonio e como centro "Modelo Ponte nas Ondas" queremos aportar o noso gran de area para poñer en valor a importancia da conservación do patrimonio. Por este motivo, o voluntariado da biblioteca seleccionou varios libros dos nosos fondos que tratan temas como as tradicións do entroido, os oficios, o cancioneiro... e principalmente os xogos populares tradicionais os cales actualizamos a través da celebración do magosto. Para a exposición tamén contamos con fotografías antigas tomadas en distintos puntos do concello. Cada ano o magosto é unha data significativa para o noso alumnado que celebra esta época outonal coa práctica de diferentes xogos tradicionais acompañados de ricas castañas. Este ano, parte do alumnado de proxecto competencial investigou sobre estes xogos explicando o seu desenvolvemento e deixando constancia da súa práctica a partir da voz do alumnado. Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace:
Comenzaron as lecturas!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Crea unha historia terrorífica!!!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Queres vir xogar?
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
COMEZAMOS COS CLUBS DE LECTURA "PONTE A LER"
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Este pasado venres 19 de setembro celebramos a xuntanza inaugural do Club de Lectura "Ponte a ler". Nesta primeira reunión perfilamos os posibles clubs de lectura segundo os intereses expresados polas lectoras e lectores, e este foi o resultado: - Un club de lectura de manga, banda deseñada e cómic. - Un club de lectura de narrativa para diferentes niveis: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO e Bacharelato. - Un club de lectura de adultos para familias, profesorado e persoal non docente. Son varias as posibilidades que tes de apuntarte, se aínda non o fixeches ou no puideches asistir a este primeiro encontro. Estás a tempo de unirte e, sobre todo, ler!!!
BiblioAPonte anda na procura de...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Iniciamos o curso...
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
BO VERÁN!!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Rematado un curso máis!!! E satisfeitos co traballo realizado!! Agora toca descansar... mais queremos antes agradecer a toda a comunidade educativa a súa participación en Biblio A Ponte . Foi un ano cheo de lecturas, actividades, encontros, xogos,... todos posibles grazas á colaboración continua!!! Gozade do verán e vide cargados e cargadas de enerxía para o próximo curso!! BO VERÁN!!!! E A SEGUIR LENDO...
1º Encontro bergantiñán
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Continuando coa homenaxe ás nosas pandereteiras, o alumnado do IES Eduardo Pondal non se quixo perder o 1º Encontro bergantiñán, organizado entre os tres institutos de Carballo e máis o de Ponteceso. O pasado venres 30 de maio, desprazámonos ata a praza do concello de Carballo para participar nesta foliada, nun encontro no que a rapazada bailou a Muiñeira de Sofán todos xuntos, e no que estiveron acompañados novamente por Teresa dos Cucos. Foi unha mañá alegre e crea de aprendizaxe!!!
AGORA CANTAMOS NÓS!!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
O pasado 23 de maio en Santiago, o alumnado de 3º ESO participou na Foliada das letras galego-portuguesas, organizada pola asociación Ponte... nas ondas! Alí estiveron os rapaces bailando e cantando letras e músicas tradicionais, acompañados por Teresa dos Cucos, como exemplo de "tesouro vivo", quen posúe un coñecemento profundo e significativo da nosa cultura e tradición, e que a transmite a estas xeracións máis novas para que así perdure no tempo. Grazas Teresa!!! Foi unha xornada festiva e de convivencia con alumnado doutros centros de Galicia e do norte de Portugal e agradecemos a Ponte... nas ondas! o seu convite. Parabéns pola iniciativa!!!
LETRAS GALEGAS 2025
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Hoxe foi un día de celebración e foliada no noso instituto, xa que estivemos a festexar o Día das Letras Galegas con varios actos. Empezamos cun faladoiro con Marta Villar na que participou o alumnado do Club de Lectura que charlou coa escritora sobre as súas dúas novelas: Non temerás os coches amarelos e Detective Ferruchi. O faladoiro foi moi ameno e distendido, xa que os lectores preguntaron e interesáronse pola configuración das pesonaxes, o tempo de creación das novelas, o oficio de Marta Villar... A continuación pasamos a realizar a tradicional homenaxe "Unha escritora, unha árbore", na que todos os anos escollemos unha árbore do noso patio á que lle poñemos o nome dun escritor ou escritora da contorna e, este ano, Marta Villar escolleu un bidueiro!! Finalmente, rematamos a festa cunha foliada no patio, na que gaiteiros, pandereteiras e mooooitos bailaríns celebramos este día das Letras Galegas 2025. Así, entre bailes e música tradicional homenaxeamos a figura das ca...
Faladoiro con ANTÍA YÁÑEZ
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
No día de onte estivo no noso instituto a escritora Antía Yáñez con quen puidemos conversar sobre as súas novelas que estivemos a ler no club de lectura, tanto este ano como o ano pasado: O clan das Barbies e Non penses nun elefante rosa . O alumnado de 1º BAC e mais os participantes do club de lectura de adultos, interesáronse polo proceso de creación, o tempo dedicado á escrita, a invención dos personaxes... e outras moitas cuestións en torno á literatura. Ademais tamén lle realizaron unha entrevista que podedes escoitar na blog de Ponte na onda. Radio .
XXIII SEMANA CULTURAL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Desde o 8 ao 11 de abril puidemos gozar da tradicional Semana Cultural que xa este ano celebra a súa vixésimo terceira edición. Durante estes catro días o alumnado do centro participou en múltiples actividades, sendo en moitas ocasións a nosa biblioteca o punto de encontro e celebración de tales eventos. Aquí ofrecemos un resumo do que se realizou: A Biblioteca, seguindo coa súa actividade anual da competición de xadrez, organizou un torneo de partidas de xadrez simultáneas onde o alumnado se enfrentou a Paco Abella. Ademais este ano tamén contamos coa visita dos usuarios dos centros de día de Cabana e de Laracha, que participaron nas actividades organizadas polo alumnado do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, e realizaron entrevistas na nosa radio: Así mesmo, dentro do programa da "Biblioteca creativa" tamén contamos coa colaboración de Candela Lema que nos ofreceu un obradoiro de crochet, no que o alumnado de 3º ESO puido crear os seus "cestiños...