Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2019

C. S. LEWIS: IN MEMORIAM

Imaxe
The British writer Clive Staples Lewis was born on this day, 121 years ago (29 November 1898). As a young boy, he immersed himself in the great works of children’s literature of the time, such as The Tale of Peter Rabbit , by Beatrix Potter. He was also fascinated by Norse, Greek and Irish mythologies. All these aspects hugely influenced what would become his best-known work, The Chronicles of Narnia , a series of seven novels originally published between 1950 and 1956. The series is set in the fictional realm of Narnia, a world plagued by magic, mythical beasts and talking animals. The protagonists are all real children who magically enter the world of Narnia, sometimes called upon by the great lion Aslan to protect his world from evil. C. S. Lewis’ works have been a significant influence for both adult and children’s literature in the post-World War II era, being cited as an inspiration by Philip Pullman, author of His Dark Materials , or even J. K. Rowling, creator of the Har...

CEA DAS LETRAS E FALLO DO XIV CERTAME DE POESÍA ERÓTICA ILLAS SISARGAS

Imaxe
     Desde hai catorce anos vense celebrando a Cea das Letras en Malpica, na que se presenta o libro da persoa gañadora na edición anterior do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, organizado pola Asociación Caldeirón.      Este ano poderemos coñecer a fermosa edición de "Marco Livorno", obra do escritor galego Mario Regueira, e por fin poderemos descubrir o fallo desta XIV edición e escoitar da voz do propio autor ou autora algúns dos poemas. Ademais a cea estará acompañada pola actuación musical da Traskiband.      Este certame é o único na modalidade de poesía erótica existente en Galicia e un verdadeiro encontro poético do que habitualmente xorden mil e un proxectos.       Todo un luxo para a Costa da Morte!!!

PREMIO PLANETA 2019

Imaxe
Empezamos este curso con la recomendación del reciente Premio Planeta 2019, Terra Alta  de Javier Cercas. El autor extremeño nos trae una novela apasionante y que impacta por su actualidad en los corazones de los lectores. La narración comienza con un crimen terrible que sacude la apacible comarca de la Terra Alta: los propietarios de su mayor empresa, Gráficas Adell, aparecen asesinados tras haber sido sometidos a atroces torturas. Se encarga del caso Melchor Marín, un joven policía y lector voraz llegado desde Barcelona cuatro años atrás, con un oscuro pasado a cuestas que le ha convertido en una leyenda del cuerpo y que cree haber enterrado bajo su vida feliz como marido de la bibliotecaria del pueblo y padre de una niña llamada Cosette. Partiendo de ese suceso, y a través de una narración trepidante y repleta de personajes memorables, esta novela se convierte en una lúcida reflexión sobre el valor de la ley, la posibilidad de la justicia y la legitimidad de la veng...

O TESOURO DE TADEO JONES

Imaxe
Gustouche “Ice Age”? Queres saber máis cousas sobre a vida de Diego e de Manny?  Gustouche “Parque Jurásico”? Queres saber máis sobre os terribles tiranosauros e os veloces oviraptors?  Pois achégate ata a Biblio e colle “Los secretos de la Prehistoria”, de Dougal Dixon.  Quedastes intrigado por “La momia” ou por “El rey Escorpión”?  Queres descubrir como se momificaban os antiguos exipcios? Quen era o animal que eles cazaban en barcas, porque representaba a Seth, o deus do Mal?  Pois achégate ata a Biblio e colle “Los secretos de los egipcios”, de Neil Grant.  Vistes “Juego de Tronos” ou “Robin Hood”? Queres saber que foron as Cruzadas, as incursións viquingas, os poderes que tiñan nas mans o rei San Luis?  Pois achégate ata a Biblio e colle “La Edad Media”, de Andrea Bachini.  Na nosa Biblio atoparás os verdadeiros tesouros de Tadeo Jones: Libros, cómics e pelis que serán os chanzos para axudarte a escalar a n...

MULLERES CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

Imaxe
Margarita Salas foi unha das mellores científicas do s.XX. Discípula do Premio Nobel de bioquímica Severo Ochoa na Universidade de Nova York, traballou tres anos fuxindo do que chamaba "páramo científico". Máis tarde, en España, fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular no Consello Superior de Investicacións Científicas (CSIC). O seu estudo sobre o virus phi29 polimerasa, permitiu revolucionar a técnica sobre os estudos de ADN, que permite amplificar o ADN de forma sinxela, rápida e fiable. A súa patente foi a de maior rentabilidade para o CSIC con aplicacións na medicina forense, oncoloxía e arqueoloxía entre outros ámbitos. Margarita Salas faleceu este mes de novembro, deixando unha vida que non entendía sen investigación e a que nos podemos achegar con algunhas das súas entrevistas: CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

200 ANOS DO MUSEO DO PRADO

Imaxe
O pasado martes 19 de novembro o Museo do Prado cumpriu 200 anos, unha longa vida para un museo que posúe máis de 33.ooo obras de arte, das cales poucas máis de 1.700 están expostas. Doodle que lle adicou esta semana a páxina de Google ao 200 aniversario do museo O Museo Nacional do Prado, desde que foi inaugurado en 1819 e ao longo da súa historia bicentenaria, cumpriu coa misión de conservar, expoñer e enriquecer o conxunto das coleccións e obras de arte que, vencelladas á historia de España, constitúen unha das máis importantes manifestacións de expresión artística de recoñecido valor universal. A pesares da súa lonxevidade non deixan de modernizarse, e o museo ven de estrear na súa páxina web unha ferramenta interactiva que consiste nunha liña do tempo que permite comparar os autores e as obras do Museo do Prado con ata catro capas de coñecemento ao mesmo tempo. Os datos da capa Museo do Prado proveñen da base de datos da colección do Museo do Prado e inclúen toda...

SAMAÍN 2019

Imaxe
Rematamos o mes de outubro coa celebración do Samaín. Ao xa tradicional concurso de cabazas, engadimos unha convocatoria de elaboración de microrrelatos de terror en lingua galega coa correspondente lectura dramatizada na nosa arrepiante biblioteca. 1º Premio: Leo García                                    2º Premio:  Antía Castro                          3º Premio: Alba Esmorís Equipo de Biblioteca, EDLG e vicedirección intentamos crear unha atmosfera medorenta durante o recreo para contextualizar as lecturas dos microrelatos gañadores, velaí unha mostra delas: 1º Premio: Brenda, Aldara e Kelly                   2º Premio: Antía, Olalla e Carlota                      3ª Premio: Alba e Yanira Noraboa aos ...

ARRANCA O CLUB DE LECTURA

Imaxe
Hai uns días fixemos a xuntanza inicial, chocolatada incluída, para que as seccións do Club de Lectura se reunisen. Que mellor sitio para encontrármonos un ano máis que a nosa biblioteca, tetricamente decorada para o Samaín? Algúns grupos xa teñen o seu libro para comezar a ler... Moitos lectores repiten experiencia, outros son novos, non só no Club senón tamén no centro, como os alumnos de 1º ESO, dirixidos pola profesora Marta Gándara. Recordamos que aínda te podes apuntar nun grupo, nunca é tarde. Pregunta a un profesor encargado da biblioteca, do Club de Lectura (Félix Neira) ou a algún que teña grupo (Jorge Cea, Eva Tizón, Eva Reino, Isabel Segura, Marta Gándara ou Lorena Suárez). Eles daranche información. Agardamos que as lecturas e a experiencia sexan do voso agrado...

DÍA DA BIBLIOTECA

Imaxe
O novo curso chegou cheo de celebracións na nosa biblioteca, e agora chega ao noso blog, que arranca un novo ano con forza e nov@s colaborador@es.  O pasado día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, e para festexalo o Equipo da Biblioteca xunto co EDLG propuxemos tres concursos nos que participou gran parte do alumnado. Un concurso de fotografía: “Pilladonabiblio”, un concurso de deseño: “Deseña a nosa Mascota”,e un concurso de vídeo: “Booktubers”.  Deixámosvos aquí as imaxes das obras escollidas, moitos parabéns para @s gañador@s e moitas grazas a todo o alumnado participante!!! Pilladonabiblio            1º premio: Leo García                 2º premio: Ainhoa Blanco           3º premio: Lino Souto Deseña a nosa mascota         1º premio: Clara Gacio              2º premio: Lucía ...