Publicacións

VENRES MUSICAIS-XANEIRO

Imaxe
  Este ano 2023 damos inicio a unha nova actividade, en colaboración coa nosa radio, que consiste en escoitar música en directo os últimos venres de cada mes!!! Pezas interpretadas polo alumnado do instituto que conta cun espazo para compartir as súas dotes musicais. O venres 27 de xaneiro comezamos coa interpretación ao piano de Alexander Capone! Todo un concertazo que puidemos desfrutar no recreo!

POR FIN UN CLUB DE MANGA NO IES EDUARDO PONDAL!!!

Imaxe
  A idea estaba na nosa mente dende un tempo atrás, pero é este curso cando por fin podemos dicir que temos un club de lectura de manga! Entre os diferentes títulos que lemos ( Death note, Ao no flag ...) imos destacar hoxe da man dun dos coordinadores do club, Salvador Andrade, a obra titulada Tokyo Revengers . Esta é a súa reseña:  "Esta obra,publicada en novembro de 2021, marabillou e encantou a moitos lectores e lectoras, e dende o noso club de manga quermos dicirvos que nos pareceu a nós este libro. A presentación foi unha das mellores partes a disfrutar, con grandes volúmenes que duran suficientemente e sobrecubertas moi decoradas, incluíndo pósters dentro do propio volumen.  Agora sí, falemos do realmente importante: sen meternos en grandes polémicas, podemos dicir que Tokyo Revengers chega a un xénero bastante sobrexplotado, mais cunha premisa interesante que a hora da verdade non se chega a implementar suficientemente.  A pesares de querer crear unha histor...

Postais solidarias

Imaxe
  Antes de marchar de vacacións, o alumnado do centro estivo a traballar a reo para deixar enviadas as felicitacións do Nadal aos usuarios dos centros de día da Costa da Morte.     https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2022/12/14/cartas-compania-abuelos-navidad-span-langgl-sos-os-nosos-maioresspan/0003_202212C14C2996.htm         https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=555147169970019&id=100064242237063

Decembro

Imaxe
  O primeiro trimestre marchou voando pero deixounos uns últimos días de moito axetreo antes das vacacións.  O Nadal chegou á nosa Biblio grazas á axuda do alumnado de 1º da ESO , vestiuse de festa.  O 16 de Decembro o Departamento de inglés e a Biblioteca conseguiron que algúns alumnos perderan a vergonza e se atreveran con xerseis moi moi feos! The ugliest sweater!                                                                                                                                                              O 19 de Decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da...

25N

Imaxe
  O 25N foi un día intenso no noso centro...  Dende as titorías puidemos traballar e construír o Icerberg da Violencia de Xénero para analizar que situacións presenciara ou coñecera o noso alumnado e os resultados foron estes:   Dende o Departamento de Artes Plásticas, o alumnado de 1º e 3º da ESO deseñou chapas para que toda a comunidade educativa levara ese día un símbolo contra a violencia de xénero.  Os gañadores de 1º da ESO foron Brais e Xián e os de 3º da ESO Paula e Diego. Noraboa polas vosas ideas!                           Ademais o alumnado de 1º e 2º da ESO leu un manifesto ante todo o centro educativo e gardouse un minuto de silenzo. Podedes ver o vídeo na sección de Ponte na Onda Radio.  Dende o IES Eduardo Pondal seguiremos traballando por unha sociedade onde non exista a violencia de xénero. 

De volta e xa co Samaín!

Imaxe
Iniciamos as nosas actividades deste curso coa celebración do Samaín! Na nosa Biblio apareceron uns monstros moi simétricos, libros que contaban historias terroríficas e como non, cabazas con moito enxeño e poemas de medo!!!                                                     As cabazas que resultaron premiadas deixáronnos abraiados!!!                                        

8M DÍA DA MULLER

Imaxe
A actividade deseñada co gallo do 8M ten como eixe principal unha exposición de carteis. Nela convídase á reflexión sobre a perpetuación de ideas sexistas transmitidas na fraseoloxía e refráns populares. Recompiláronse expresións tradicionais, que foron substituídas por outras que fomentan os valores da igualdade e dereitos da muller.

AFOGADA

Imaxe
 Ao alumnado de 1º de Bacharelato propúxoselles a lectura dunha novela curta de Rocío Leira: Afogada . Trátase dunha novela de intriga cunha protagonista marcada polas súas altas capacidades, un carácter e personalidade complexas que a levan a finxir a súa propia desaparición e morte inculpando da mesma a terceiras persoas achegadas a ela.   O feito de que a acción da novela se desenvolva nun espazo ben coñecido polo alumnado, a cidade da Coruña, facilita un achegamento á mesma podendo facernos unha idea máis realista da acción desenvolvida na mesma. 

TRES CATORCE DEZASEIS

Imaxe
 No club de lectura de 2º ESO a intriga está a apoderarse dos seus integrantes. Tentar descubir o asasino ou asasina que se move polos espazos unversitarios composteláns está despertando un grande interese.  Nestas primerias reunións fixemos tamén un traballo de investigación sobre os diferentes conceptos matemáticos e referncias artísitcas que aparecen na novela: o home de Vitrubio, Leonardo da Vinci...

CLUBS DE LECTURA 2022

Imaxe
 Neste novo curso 2021/2022 dinamizamos os nosos clubs con novas lecturas. Contamos con máis grupos de lectura diversos, cada un con diferentes ritmos e temáticas. O club de lectura de 1º ESO aventurouse cunha primeira lectura de poesía: Nunca Mascotas de Paula Carballeira.  A partires da lectura dos poemas de Paula Carballeira, o alumnado creou as súas propias poesías apoiadas ademais por debuxos orixinais. Foi unha lectura con certa dificultade, pero que nos ofreceu a oportunidade para reflexionar sobre diversas condutas.