Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

PEGÁMONOS A LOITA NO 25 N!

Imaxe
 Coa fin de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades co alumnado da ESO durante as titorías do mes de novembro.  A visualización previa de contidos relacionados coa temática derivounos á creación en equipas de haikus sobre esa temática acompañados de ilustracións que representan ao haiku escrito. Finalmente, o alumnado voluntariado da biblioteca elaborou na aula de polos creativos pegatinas cos haikus creados que se repartiron o 25N nun posto ideado para tal fin no vestíbulo do centro.  Con esta actividade, xunto con outras que se están a desenvolver esta semana, queremos incidir un curso máis na necesidade de continuar na loita contra esta lacra que segue a estar presente na nosa sociedade.

Un SAMAÍN ben celebrado!

Imaxe
  O pasado venres celebramos o Samaín na biblioteca coa entrega dos premios convocados: concurso de microrrelatos e concurso de cabazas. Para isto o alumnado do voluntariado decorou o espazo de xeito moi apropiado con candeas, teas de araña, pantasmas, etc. e cada participante fixo a lectura do seu microrrelato nun ambiente de misterio e terror!!! Unha vez finalizadas as lecturas, fíxose entrega dos premios que consistiron en estoxos, rotuladores, bolsas creadas polo voluntariado e bocatas para todos!!! O alumnado gañador foi: Celtia Pose, Noa Méndez, Alicia Facal e Xiada Rivera. PARABÉNS!!!! Ademais a biblioteca tamén estivo ambientada polos epitafios realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Foi un recreo divertido, diferente e cheo de lecturas terroríficas!!👻👻👻 Se queredes escoitar as historias de medo...