Hoxe conmemoramos o Día do Patrimonio e como centro "Modelo Ponte nas Ondas" queremos aportar o noso gran de area para poñer en valor a importancia da conservación do patrimonio. Por este motivo, o voluntariado da biblioteca seleccionou varios libros dos nosos fondos que tratan temas como as tradicións do entroido, os oficios, o cancioneiro... e principalmente os xogos populares tradicionais os cales actualizamos a través da celebración do magosto. Para a exposición tamén contamos con fotografías antigas tomadas en distintos puntos do concello. Cada ano o magosto é unha data significativa para o noso alumnado que celebra esta época estival coa práctica de diferentes xogos tradicionais acompañados de ricas castañas. Este ano, parte do alumnado de proxecto competencial investigou sobre estes xogos explicando o seu desenvolvemento e deixando constancia da súa práctica a partir da voz do alumnado. Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace: