Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Faladoiro con ANTÍA YÁÑEZ

Imaxe
 No día de onte estivo no noso instituto a escritora Antía Yáñez con quen puidemos conversar sobre as súas novelas que estivemos a ler no club de lectura, tanto este ano como o ano pasado: O clan das Barbies e Non penses nun elefante rosa . O alumnado de 1º BAC e mais os participantes do club de lectura de adultos, interesáronse polo proceso de creación, o tempo dedicado á escrita, a invención dos personaxes... e outras moitas cuestións en torno á literatura. Ademais tamén lle realizaron unha entrevista que podedes escoitar na blog de Ponte na onda. Radio .

XXIII SEMANA CULTURAL

Imaxe
 Desde o 8 ao 11 de abril puidemos gozar da tradicional Semana Cultural que xa este ano celebra a súa vixésimo terceira edición. Durante estes catro días o alumnado do centro participou en múltiples actividades, sendo en moitas ocasións a nosa biblioteca o punto de encontro e celebración de tales eventos. Aquí ofrecemos un resumo do que se realizou:  A Biblioteca, seguindo coa súa actividade anual da competición de xadrez, organizou un torneo de partidas de xadrez simultáneas onde o alumnado se enfrentou a Paco Abella. Ademais este ano tamén contamos coa visita dos usuarios dos centros de día de Cabana e de Laracha, que participaron nas actividades organizadas polo alumnado do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, e realizaron entrevistas na nosa radio: Así mesmo, dentro do programa da "Biblioteca creativa" tamén contamos coa colaboración de Candela Lema que nos ofreceu un obradoiro de crochet, no que o alumnado de 3º ESO puido crear os seus "cestiños...