DÍA DE ROSALÍA
A tarde de hoxe estivo chea de emocións e homenaxes!! O noso alumnado quixo celebrar os 188 anos do nacemento da escritora máis importante da literatura galega do século XIX. Aínda que pase o tempo Rosalía segue viva entre nós, pois a súa poesía, comprometida con moitas temáticas como a emigración, a inxustiza social, a defensa da lingua e a cultura, seguen vixentes. Así, para celebrar este día lembramos os seus versos, concretamente os poemas "Unha vez tiven un cravo", Pr'a Habana", "Negra sombra" e "Paseniño, paseniño", da voz do alumnado de Oratoria quen interpretou ditos poemas de xeito dramático. A continuación, o alumnado de 1º Bacharelato, tomando como referencia os poemas de Cantares Gallegos , recitaron versos propios sobre diversas temáticas. E, finalmente, gozamos da actuación de Icía Varela, acompañada coa guitarra por Xaquín Rama, que intrepretaron varias pezas musicias e a quen agradecemos a súa colaboración con este día dedicado a...