Publicacións

ECONTROS PLAMBE 22-23.

Imaxe
  Coma todos os anos, o noso centro participou nos encontros do Plambe do presente curso 22-23.  Viñemos cargados de novas ideas e impresionados da poñencia de Carlos Alberto Scolari que nos mostrou o presente da man da IA, xa non é o futuro, está aquí e chegou para quedarse. Os encontros pechounos Helena Villar Janeiro que nos deu impulso aos docentes, coas súas palabras e enerxía, para seguir traballando con forza, aínda que moitas veces o contexto non sexa o máis favorable.     

VENRES MUSICAIS- MARZO.

Imaxe
  O venres 31 de marzo tivemos a sorte de seguir escoitando o talento que se agocha nas nosas aulas, esta vez con Xandre González Pombo.  

8M

Imaxe
  Como ven sendo costume, o noso centro sumouse ás reevindicacións do día da muller, seguimos e seguiremos loitando por acadar un mundo máis xusto e igualitario.  Dende a nosa biblioteca organizamos unha exposición onde as profesoras foron as protagonistas ao nos lembraren mulleres que foron relevantes ao longo da nosa historia.  Este ano as homenaxeadas foron: Malala Yousafzai, Doris Lessing, Iris Apfel, Luisa Casati, Artemisia Gentileschi, Chus Pato, Virginia Woolf, George Sand e as sufraxistas.  Gracias a todas as profes pola colaboración!

VENRES MUSICAIS-FEBREIRO

Imaxe
  En febreiro volvimos desfrutar dunha sesión de música cos nosos alumnos, desta vez Vítor Varela e Uxía Blanco. 

ENTROIDADA DE LIBROS

Imaxe
  Que andarán argallando os nosos alumnos voluntarios para o Entroido...dentro duns días coñeceremos quen se agocha tralo disfrace!!! Anímate a participar, deposita as túas respostas na Biblioteca.  E aquí temos a algúns dos gañadores...!!! Disfrutade do voso premio!!!

CANDELORIA!

Imaxe
  Co motivo do día 2 de febreiro, día da Candeloria, no noso centro realizamos unha actividade ben fermosa; o alumnado recomendou libros en pombas que voaron polo noso vestíbulo.

VENRES MUSICAIS-XANEIRO

Imaxe
  Este ano 2023 damos inicio a unha nova actividade, en colaboración coa nosa radio, que consiste en escoitar música en directo os últimos venres de cada mes!!! Pezas interpretadas polo alumnado do instituto que conta cun espazo para compartir as súas dotes musicais. O venres 27 de xaneiro comezamos coa interpretación ao piano de Alexander Capone! Todo un concertazo que puidemos desfrutar no recreo!

POR FIN UN CLUB DE MANGA NO IES EDUARDO PONDAL!!!

Imaxe
  A idea estaba na nosa mente dende un tempo atrás, pero é este curso cando por fin podemos dicir que temos un club de lectura de manga! Entre os diferentes títulos que lemos ( Death note, Ao no flag ...) imos destacar hoxe da man dun dos coordinadores do club, Salvador Andrade, a obra titulada Tokyo Revengers . Esta é a súa reseña:  "Esta obra,publicada en novembro de 2021, marabillou e encantou a moitos lectores e lectoras, e dende o noso club de manga quermos dicirvos que nos pareceu a nós este libro. A presentación foi unha das mellores partes a disfrutar, con grandes volúmenes que duran suficientemente e sobrecubertas moi decoradas, incluíndo pósters dentro do propio volumen.  Agora sí, falemos do realmente importante: sen meternos en grandes polémicas, podemos dicir que Tokyo Revengers chega a un xénero bastante sobrexplotado, mais cunha premisa interesante que a hora da verdade non se chega a implementar suficientemente.  A pesares de querer crear unha histor...

Postais solidarias

Imaxe
  Antes de marchar de vacacións, o alumnado do centro estivo a traballar a reo para deixar enviadas as felicitacións do Nadal aos usuarios dos centros de día da Costa da Morte.     https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2022/12/14/cartas-compania-abuelos-navidad-span-langgl-sos-os-nosos-maioresspan/0003_202212C14C2996.htm         https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=555147169970019&id=100064242237063

Decembro

Imaxe
  O primeiro trimestre marchou voando pero deixounos uns últimos días de moito axetreo antes das vacacións.  O Nadal chegou á nosa Biblio grazas á axuda do alumnado de 1º da ESO , vestiuse de festa.  O 16 de Decembro o Departamento de inglés e a Biblioteca conseguiron que algúns alumnos perderan a vergonza e se atreveran con xerseis moi moi feos! The ugliest sweater!                                                                                                                                                              O 19 de Decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da...