Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025
Imaxe
 Este ano as voluntarias da biblioteca realizaron unha selección de lecturas que están a ter bo éxito entre os nosos lectores e preséntanas aquí como recomendacións para que este Nadal poidades gozar dun tempiño de lectura entre os turróns, agasallos e villancicos!! Aquí vos deixamos a selección, e desde o equipo de Biblio A Ponte , queremos desexar a toda a comunidade educativa moi boas festas!!!  

BO NADAL! desde Biblio A Ponte

Imaxe
 BO NADAL!!! A postal gañadora do concurso deste ano foi a de Uxía Antón Bellón, que coa súa mensaxe vai representar ao centro nas felicitacións do Nadal!! Parabéns Uxía! Ademais contamos con outras moitas participacións, tanto alumnado de secundaria como ciclos. Grazas por colaborar coa biblioteca e parabéns polas vosas creacións!!!

3 de decembro: Día da Diversidade

Imaxe
 Novamente este ano Biblio A Ponte sumouse á conmemoración desta data a través da realización de charlas informativas, impartidas por membros da Asociación ASPERGA da Coruña. As charlas convertéronse nun espazo de aprendizaxe e reflexión arredor do Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e do papel fundamental da inclusividade na sociedade actual. Ao longo das sesións, as persoas relatoras compartiron coñecementos, experiencias persoais e ferramentas prácticas que permitiron achegar unha visión máis ampla, humana e realista da diversidade neurolóxica. Os participantes tiveron a oportunidade de comprender mellor as características do TEA, desmontar mitos frecuentes e descubrir como pequenas adaptacións no ámbito educativo, laboral e comunitario poden marcar unha gran diferenza no benestar das persoas autistas. As intervencións destacaron a importancia de promover contornas accesibles, respectuosas e libres de prexuízos, nas que cada individuo poida desenvolver o seu potencial. As ...

Preparándonos para o Nadal!!!

Imaxe
 Iniciamos o mes de decembro e dende a biblioteca comezamos a argallar as actividades para o Nadal. As voluntarias xa se puxeron a traballar na decoración do espazo e tamén convocamos o noso tradicional concurso de postais de Nadal!!  Animádevos a participar e que sexa a vosa postal a imaxe representativa  do IES Eduardo Pondal para felicitar estas festas!!