SEMANA DO NADAL
Este ano tivemos un mes de Nadal cheo de actividades!!! As nosas colaboradoras estiveron creando toda a decoración do instituto e da biblioteca, parabéns polo bo traballo realizado! Ademais tamén se levou a cabo a entrega dos premios convocados por estas datas. O concurso de postais tivo como gañadora a Grecia Helena Neira Varela: O campionato de xadrez tamén chegou ao seu fin nestas datas e os tres campións foron: 1º premio: Jairo Álvarez Fernández 2º premio: Lucas Santos Garrido 3º premio: Marcos Señorís García Ademais todos os participantes levaron tamén o seu pequeno agasallo: un bocata na cantina!!!