Publicacións

Novos xogos para o recreo!!!

Imaxe
 Este ano parece que nos portamos moi ben e ao chegar da volta das vacacións de Nadal...   atopamos isto na nosa biblioteca!!!! Biblio A Ponte agradece estes novos xogos para entreternos nos recreos!!!
Imaxe
 Este ano as voluntarias da biblioteca realizaron unha selección de lecturas que están a ter bo éxito entre os nosos lectores e preséntanas aquí como recomendacións para que este Nadal poidades gozar dun tempiño de lectura entre os turróns, agasallos e villancicos!! Aquí vos deixamos a selección, e desde o equipo de Biblio A Ponte , queremos desexar a toda a comunidade educativa moi boas festas!!!  

BO NADAL! desde Biblio A Ponte

Imaxe
 BO NADAL!!! A postal gañadora do concurso deste ano foi a de Uxía Antón Bellón, que coa súa mensaxe vai representar ao centro nas felicitacións do Nadal!! Parabéns Uxía! Ademais contamos con outras moitas participacións, tanto alumnado de secundaria como ciclos. Grazas por colaborar coa biblioteca e parabéns polas vosas creacións!!!

Preparándonos para o Nadal!!!

Imaxe
 Iniciamos o mes de decembro e dende a biblioteca comezamos a argallar as actividades para o Nadal. As voluntarias xa se puxeron a traballar na decoración do espazo e tamén convocamos o noso tradicional concurso de postais de Nadal!!  Animádevos a participar e que sexa a vosa postal a imaxe representativa  do IES Eduardo Pondal para felicitar estas festas!!

PEGÁMONOS A LOITA NO 25 N!

Imaxe
 Coa fin de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron varias actividades co alumnado da ESO durante as titorías do mes de novembro.  A visualización previa de contidos relacionados coa temática derivounos á creación en equipas de haikus sobre esa temática acompañados de ilustracións que representan ao haiku escrito. Finalmente, o alumnado voluntariado da biblioteca elaborou na aula de polos creativos pegatinas cos haikus creados que se repartiron o 25N nun posto ideado para tal fin no vestíbulo do centro.  Con esta actividade, xunto con outras que se están a desenvolver esta semana, queremos incidir un curso máis na necesidade de continuar na loita contra esta lacra que segue a estar presente na nosa sociedade.

Un SAMAÍN ben celebrado!

Imaxe
  O pasado venres celebramos o Samaín na biblioteca coa entrega dos premios convocados: concurso de microrrelatos e concurso de cabazas. Para isto o alumnado do voluntariado decorou o espazo de xeito moi apropiado con candeas, teas de araña, pantasmas, etc. e cada participante fixo a lectura do seu microrrelato nun ambiente de misterio e terror!!! Unha vez finalizadas as lecturas, fíxose entrega dos premios que consistiron en estoxos, rotuladores, bolsas creadas polo voluntariado e bocatas para todos!!! O alumnado gañador foi: Celtia Pose, Noa Méndez, Alicia Facal e Xiada Rivera. PARABÉNS!!!! Ademais a biblioteca tamén estivo ambientada polos epitafios realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Foi un recreo divertido, diferente e cheo de lecturas terroríficas!!👻👻👻 Se queredes escoitar as historias de medo...

24 de outubro: Día das Bibliotecas

Imaxe
 

Concurso de cabazas

Imaxe

17 de outubro: Día do Patrimonio

Imaxe
 Hoxe conmemoramos o Día do Patrimonio e como centro "Modelo Ponte nas Ondas" queremos aportar o noso gran de area para poñer en valor a importancia da conservación do patrimonio. Por este motivo, o voluntariado da biblioteca seleccionou varios libros dos nosos fondos que tratan temas como as tradicións do entroido, os oficios, o cancioneiro... e principalmente os xogos populares tradicionais os cales actualizamos a través da celebración do magosto. Para a exposición tamén contamos con fotografías antigas tomadas en distintos puntos do concello. Cada ano o magosto é unha data significativa para o noso alumnado que celebra esta época outonal coa práctica de diferentes xogos tradicionais acompañados de ricas castañas. Este ano, parte do alumnado de proxecto competencial investigou sobre estes xogos explicando o seu desenvolvemento e deixando constancia da súa práctica a partir da voz do alumnado. Podedes escoitar o podcast no seguinte enlace: