Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

SEMANA DO NADAL

Imaxe
 Este ano tivemos un mes de Nadal cheo de actividades!!! As nosas colaboradoras estiveron creando toda a decoración do instituto e da biblioteca, parabéns polo bo traballo realizado! Ademais tamén se levou a cabo a entrega dos premios convocados por estas datas. O concurso de postais tivo como gañadora a Grecia Helena Neira Varela: O campionato de xadrez tamén chegou ao seu fin nestas datas e os tres campións foron: 1º premio: Jairo Álvarez Fernández 2º premio: Lucas Santos Garrido 3º premio: Marcos Señorís García    Ademais todos os participantes levaron tamén o seu pequeno agasallo: un bocata na cantina!!!

DÍA DA DIVERSIDADE

Imaxe
     Hoxe, 3 de decembro, para celebrar o Día Internacional da Diversidade, o alumnado de 2º de APSD realizou unha escolma de viñetas que tratan este tema da diversidade. Un conxunto de persoas ofrecen nesta exposición á súa visión da necesidade de inclusión na nosa sociedade de todas as persoas e a riqueza que brinda a diversidade.      Convidámosvos a ver e reflexionar con este traballo colaborativo, así como a facervos unha foto baixo o mesmo paraugas e compartila nas redes co #BaixoOMesmoParaugas@galiciadiversa.         Ademáis da exposición hai un teito de paraugas na entrada seguindo a campaña da plataforma Galicia Diversa nomeada "Baixo o mesmo paraugas", e por que paraugas? Porque son o sinal de identidade, porque tod@s, con ou sen discapacidade, compartimos un fin común: conseguir un mundo sen discriminacións e cheo de oportunidades.