25N
" Hoxe é o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Conmemoramos este día porque debemos ser conscientes deste suceso tan grave que sofren moitísimas mulleres no seu ámbito cotiá. Debemos destacar este día nos institutos para fomentar a convivencia, o respecto e a igualdade, xa que vivimos nunha realidade onde a violencia de xénero é moi frecuente e debido a isto é necesario que a xuventude comprendamos a gravidade deste feito. Así, poderemos previr condutas violentas e fomentar relacións sans. A través de charlas, debates e actividades sobre o 25N, os estudantes temos a oportunidade de entender como se manifestan as diferentes formas de violencia. A estas idades é mais importante aínda, xa que estamos a tempo de cambialo. De cambiar a mentalidade, de cambiar certas formas de ser, de cambiar a nosa actitude. De cambiar! Cada vez que a violencia se manifesta, cométese unha violación dos dereitos humanos da muller, polo cal este día non debemos quedar cal...