Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

Coñecemos e celebramos a Luísa Villalta!

Imaxe
 Rematamos a semana de celebración das Letras Galegas coa realización de dúas sesións de obradoiros sobre Luísa Villalta a cargo da polifácetica escritora Estíbaliz Espinosa Río.  A  AELG ofreceunos a posibilidade de achegarnos a figura de Luísa Villalta a través do obradoiro literario "A música dos astros", unha perspectiva da obra lírica de Villalta dende a súa ollada aos elementos naturais: árbores, estrelas, aves, nubes, sol...atravesada pola música dos seus versos e o seu afecto e empatía polo marxinal e desconsiderado.  O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de crear caligramas, idear con percusión un ritmo para una estrofa de Luísa Villalta e coñecer da man xenerosa de Estíbaliz a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Moitas grazas, Estíbaliz!

Unha poeta... unha árbore

Imaxe
Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta, realizamos unha homenaxe á escritora Rosalía Fernández Rial. Continuando coa tradición de cada ano de bautizar unha árbore do noso xardín co nome dunha figura literaria representativa da Costa da Morte, hoxe dedicamos un "carballo" a Rosalía Fernández Rial. Pensamos que nada mellor que un "quercus robur" para simbolizar o que representa para nós a docente, a poetisa, e a divulgadora cultural Rosalía Fernández Rial. Os seus versos érguense recios e vigorosos como un carballo galego. Rosalía como o carballo é un símbolo de fortaleza cultural e literaria galega. E por todo iso, pensamos que a elección desta árbore simboliza a grandeza e influencia de Rosalía Fernández Rial para o noso centro educativo. O alumnado de oratoria tamén participou nesta homenaxe lendo versos da autora.   Por último, as melodías dos músicos encheron todo o patio de alegría e ganas de botar un baile, así que a rapaza

Faladoiro con Sica Romero

Imaxe
 Este luns, na nosa biblioteca tivemos a sorte de poder contar coa escritora Sica Romero, que veu realizar un faladoiro co alumnado do club de lectura de 1º de Bacharelato, o alumnado de Literatura Universal, e máis os participantes do club de lectura de adultos que temos no instituto. A partir dun círculo, Sica Romero falou da súa traxectoria e concretamente da novela que estivemos a ler Avelaíñas eléctricas , sobre a que o alumnado principalmente, animouse a facerlle múltiples preguntas. Agradecemos a Sica Romero a súa colaboración!!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Imaxe
Durante esta semana imos celebrar faladoiros, obradoiros, exposicións, homenaxes e ata unha foliada!!! O IES Eduardo Pondal está preparado para celebrar as Letras Galegas de 2024, que este ano salientan a figura de Luísa Villalta. Comezaremos o luns cun faladoiro con Sica Romero, nova escritora da Costa da Morte que nos vai falar sobre a súa primeira novela Avelaíñas eléctricas . O mércores, día 15, contaremos coa escritora Rosalía Fernández Rial, á que homenaxearemos este ano dedicáncolle unha árbore do noso patio. Como ela é de Carballo, que mellor árbore que un carballo que simboliza a súa orixe!!  Despois do acto de homenaxe, coa lectura de poemas por parte do alumnado de oratoria, haberá unha foliada, na que todos participaremos da música tradicional e gozaremos cos bailes dos rapaces e rapazas. O xoves, día 16, contaremos coa presenza de Estíbaliz Espinosa que nos ofrecerá dous talleres, un para o alumnado de 2º ESO e outros para o de 3º ESO.