A todo o mundo lle contaron contiños infantís cando era cativo. Neste Samaín usaremos como base das nosas historias eses contos tradicionais que calquera coñece (Carrapuchiña, Branca de Neve, O parruliño feo…), para crearmos a nosa propia versión... terrorífica. BASES DO CONCURSO - Terase en conta: * A orixinalidade (non caiades na tentac ión de irdes a San Google buscar “inspiración”) * A creación dunha verdadeira atmosfera de medo a través das vosas historias. * A presentación e a calidade da escrita. - Os relatos serán en galego e non superarán as 300 palabras. E como nos facedes chegar os vosos contos? Podedes envialos ao enderezo electrónico biblioaponte@gmail.com, poñendo no asunto "Un conto espantoso". Lembrade indicar tamén o voso nome e curso. A data límite para entregar as vosas creacións é o día 2 de novembro. A lectura compartida dos relatos terá lugar os días 4 e 5 de novembro na biblioteca. A entrega de premios anunciarémola eses días e a través do instagram. Ha...