FIN DE CURSO DENDE A CASA!
Rematou este curso tan atípico, e coma outros fíxoo cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo final a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán de lecturas e propostas alentadoras e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro! FRANKENSTEIN, O PROMETEO MODERNO Por que no aproveitar o verán para reencontrármonos cun gran clásico? Desta volta presentámosvos unha versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) dun clásido da literatura inglesa. Edición de luxo dentro da colección “Clásicos ilustrados en galego”, con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro. Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Mary Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Mergullámonos nunha viaxe fascinante que c