Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2018

EL CUENTO DE LA CRIADA

Imaxe
Si la semana pasada recomendábamos un libro de poesía actual, en nuestra entrada de hoy nos acercamos a la novela de una autora totalmente consagrada como es Margaret Atwood, El cuento de la criada . Debido al éxito de la adaptación televisiva llevada a cabo por la productora Hulu y su posterior lanzamiento a nivel mundial a través de HBO, la novela se ha convertido en los últimos meses en un auténtico bestseller .  La acción se sitúa en unos Estados Unidos del futuro donde un régimen totalitario ha alcanzado el poder de forma violenta; amparándose en la coartada del terrorismo islámico, unos políticos teócratas se hacen con el control y, como primera medida, suprimen la libertad de prensa y los derechos de las mujeres. Esta trama, inquietante y oscura, que bien podría encontrarse en cualquier obra actual, pertenece en realidad a esta novela escrita por Margaret Atwood a principios de los ochenta, en la que la afamada autora canadiense anticipó con llamativa premonición

ARCADAS E VOMITORIOS: UNHA CURIOSA CONFUSIÓN

Imaxe
Ola Artelladores de Arte! Unha das anécdotas máis substanciosas que me proporcionaron os exames foi a daquel alumno de latín que, explicando a estrutura do anfiteatro Flavio de Roma (popularmente coñecido como Coliseo), escribiu que os vomitoria  ou vomitorios (plural do latín vomitorium ) eran as portas por onde saían os romanos para vomitar despois de ver a violencia en directo... Recordemos que no Coliseo morría xente de verdade, ás veces indefensos cristiáns botados ás feras ( damnatos ad feras , dise en latín)... Aquilo si era un reality show , e non o lixo de certos canais de TV... Pois non. Vai ser que non. Os vomitorios si teñen que ver con vomitar, pero co sentido metafórico ou figurado de vomitar xente, pois cando miles de personas (ata 50.000, calcúlase) saían ou entraban polas portas de acceso ás gradas producían a imaxe de portas vomitando xente... Así de doado. Ou sexa: nin vómitos pestilentes, nin desagradables arcadas, pois estas, que tamén as hai, son as q

HIP HOP BAILE NA RÚA

Imaxe
O hip hop é un movemento artístico e cultural que xurdiu nos Estados Unidos a finais dos anos setenta nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas dos barrios da cidade de Nova York (Bronx, Queens e Brooklyn). En realidade, Hip Hop é a cultura que engloba diferentes correntes de rúa e vai moito máis alá do canto. É un medio de expresión que naceu nas rúas como resposta á situación represiva en que vivían os cidadáns confinados nunha especie de gueto moderno. De aí que as súas letras e bailes sexan provocativos e críticos coa sociedade. Neste vídeo podemos ver, como característica principal, a expresividade dos micromovementos. Toda a coreografía medida ao milímetro. É precisa, exacta, simultánea e o seu encanto é ese control absoluto dos pequenos movementos. Os protagonistas do vídeo son Les Twins, os idénticos irmáns xemelgos Laurent Nicolas e Larry Nicolas Bourgeois. Ambos son bailaríns, coreógrafos, produtores , modelos e deseñadores. Podemos apreciar no seu baile unha inc

MERGULLANDO A CIENCIA NO MAR

Imaxe
Con motivo da conmemoración do 50 aniversario do Centro Oceanográfico de A Coruña, os alumnos de 1º ESO e 2º PMAR do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, tiveron a oportunidade de visitar o buque oceanográfico Ramón Margaleff recalado en Corme o pasado 22 de novembro. Durante a visita guiada, os alumnos marabilláronse dos aparellos, recursos e dotacións da embarcación que ten o propósito de estudar o mar, o seu aproveitamento e a súa conservación. Descubriron o laboratorio frío, onde se recollen as mostras que unha vez tratadas analízanse no laboratorio seco, a sala de informática onde se realizan tomografías do fondo oceánico e o posto de mando do buque.

ARTE NAS RÚAS DE CARBALLO

Imaxe
Comezamos a sección de Artes Plásticas falándovos da arte urbana, e xusto o pasado xoves presentouse en Carballo un programa de difusión da súa iniciativa de arte público. Dende o ano 2013, quen pasee polas rúas de Carballo é testemuña de como os muros antes grises da vila vanse transformando en explosións creativas que fan que todo semelle diferente, mais habitable. Falamos do proxecto denominado “Derrubando muros con pintura” unha iniciativa do concello de Carballo que comenzou coa intervención de artistas locais en algunhas medianas de edificios. Pouco a pouco este proxecto foise internacionalizando, e dende o ano 2015 celebran o festival “Rexenera Fest”, onde artistas con renome internacional no eido da arte urbana achéganse a Carballo para crear obras de grandes dimensións. Este proxecto, que empezou pasiño a pasiño, xa conta con mais de medio centenar de intervencións. Agora veñen de presentar a súa nova páxina web e a edición de guías e planos localizadores con toda

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe

MAGOSTO 2018

Un magosto para xogar, para divertirse, para saborear... niso se converteu a xornada do pasado venres 16 de novembro no noso centro! Uns atopamos o entretemento nos xogos tradicionais,outros, os máis lambóns e lambonas, catamos as sobremesas elaboradas con produtos de outono polo alumnado máis afeccionado a repostaría; e, todos puidemos comer as castañas que, como vén sendo tradicional, se asan no noso patio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi esa mañá de magosto, bótadelle un ollo!!!

OGRA PINTA

Xa está ben de que só falemos dos ogros! E as ogras? Supoño que xa está lido o conto de Ogra Pinta . É moi fácil de ler, tamén bastante divertido... Por certo, fálase nel dunha cidade galega, que celebra as festas da Peregrina (páxina 13). Sabes que cidade é? Tamén se cita no conto a un poeta galego, do Courel, que morreu xa hai algúns anos. Quen? En breve falaremos destas e máis cousas... Non esquezades buscar unha palabra interesante, que vos chamase a atención... Saúdos, lectores.

AS VELLAS PEIDEIRAS DE ANTONIO FRAGUAS

Imaxe
Ola Artelladores!             Desde o equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística e Club de Lectura xa imos quentando motores con vistas ao Día das Letras Galegas de 2019, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas. É un autor completísimo, porque abordou moitos temas: xeografía, historia, etnografía, literatura popular, biografía e algúns outros… Como aperitivo, iremos debullando algúns destes temas ao longo do curso, neste mesmo espazo. Hoxe, para que vexades que a literatura popular non é aburrida, reproducimos estes divertidos versos, tirados da súa obra Cantigueiro de Cotobade . Imos engadirlles sempre títulos da nosa colleita, que vos parece?              A VELLA PEIDEIRA: ASASINATO (OU HOMICIDIO INVOLUNTARIO?) NO CURRAL Unha vella nun curral dun peido matou un polo, e se non lle acuden logo mata galiñas e todo. (Máis que homicidio, foi un policidio) OUTRA VELLA PEIDEIRA: ESTE ASASINATO FOI MÁIS GRAVE! Unha vella moito vella dun peido mato

DAVIDE SALVADO NA NOSA BIBLIOTECA!!!

Imaxe
O pasado martes 13 de novembro o alumnado de 1º ESO do noso centro mantivo un encontro co músico Davide Salvado. Esta actividade encádrase dentro do programa "O galego a miña lingua propia", campaña de divulgación lingüística promovida pola Deputación Provincial de A Coruña en colaboración co Concello de Ponteceso. Davide Salvado ofreceu unha actuación cen por cen galega na que a voz e as percusións tradicionais toman todo o protagonismo ao mesmo tempo que explicou á nosa rapazada como comezou a súa andaina musical, como viaxou por todo o mundo e iso lle permitiu ver a universalidade da música tradicional galega. Aquí deixámosvos un dos seus videoclips para que disfrutedes da súa música igual que nós o fixemos.

NOVEMBRO É MES DE TEATRO EN PONTECESO

Imaxe
Nóvembro é o mes por excelencia da programación teatral no concello de Ponteceso, que este ano está a celebrar a XXV edición do seu Ciclo de Teatro. É de louvar o esforzo que fai o concello por achegar aos seus veciños e veciñas catro espectáculos de gran nivel e máxima actualidade.  Visitan este ano o salón de actos do Edificio das Escolas tres compañías galegas, dúas delas de gran percorrido: Talía Teatro e Contraproduccións, e unha terceira que ven pisando forte: Os Naúfragos Teatro. Talía Teatro presenta o  seu espectáculo do seguinte xeito na súa propia páxina web: “Despois de ʻUbú Reiʼ e ʻOs mortos daquel veránʼ, espectáculos producidos no ano 2017, Talía Teatro enfróntase a unha nova montaxe de gran formato na que participa un elenco de oito intérpretes: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Diego Rey realiza a versión e asume a dirección deste espectáculo onde todo será posible, no que a ment

A MÚSICA MEDIEVAL SEGUE DE ACTUALIDADE

Imaxe
O medieval, máis ou menos mesturado co fantástico, está de moda : con series coma Xogo de Tronos, Vikings, Os Alicerces da Terra (baseado no best-seller de Ken Follet), The last Kingdom ou a española A Catedral do Mar; videoxogos de temática medieval: "Kingdom Come: Deliverance" ou "Skyrim".  E na música, co estilo denominado neomedieval , que nace en centroeuropa durante os anos 70, e combina elementos pertencentes ás novas tendencias – música electrónica, rock, heavy metal, etc. – con melodías, cancións, letras y ambiente característicos do periodo medieval. A maioría adaptan e reinterpretan cancións típicas do Medievo , mesmo  empregando as linguas antigas orixinais nas que foron escritas, revitalizando instrumentos como  bombardas, cornamusas, laúdes, cornetos, organistrum, chirimías...  Instrumentos Medievais A partires dos anos 90, o xénero se populariza, atopando grupos con características dispares: desde Corvux Corax, coa sua reinter

THE PICTURE OF DORIAN GRAY, UNHA NOVELA CUNHA MENSAXE MOI ACORDE COS NOVOS TEMPOS.

Imaxe
Nun intento de dar algo de movemento aos solitarios libros da sección de literatura inglesa da nosa biblioteca, ocorréusenos recomendar a adaptación dunha das obras maestras do gran novelista e dramatugo irlandés, Oscar Wilde .  A obra en cuestión é The Picture of Dorian Gray . Mais, por que esta novela en concreto? Porque no mundo actual no que están tan de moda aplicacións de teléfono como Instagram, onde se promove o culto ao físico e subir á web os nosos mellores retratos, o argumento desta novela non podería ser máis axeitado e revelador. O protagonista, Dorian, cre que o único que vale a pena na vida é a beleza, o culto dos sentidos. Por iso, cando un pintor lle fai un retrato, non se lle ocorre outra cousa que desexar a xuventude e beleza eterna. Será o seu retrato, en vez do propio Dorian, o que vaia sufrindo e reflexando o paso dos anos ademais da maldade da súa alma. Imaxinádesvos permanecer sempre tan fermosos e novos como nas instantáneas que subides a Instagram men

BANDA DESEÑADA EN GALEGO

Imaxe
Ola e benvidos a todos e a todas. Hoxe abrimos a sección de galego do blog da biblioteca. Gustaríanos que fose un blog participativo, no que estudantes e profesores, foramos deixando a nosa pegada. Desde aquí, animámosvos a participar con achegas persoais e suxestións sobre o que consideredes oportuno. Para comezar direivos que acaba de saír, para aqueles amantes da banda deseñada ou cómic, a primeira banda deseñada sobre poesía galega. Aquí vos deixo a nova que saíu esta fin de semana na prensa: A banda deseñada galega poetízase O libro de  Yolanda  Castaño «O puño e a letra» estrea o cómic poético de 40 autores MARCOS MÍGUEZ                           RODRI GARCÍA                           12/11/2018 Neste outono de choiva e vento a banda deseñada galega vólvese poética. Faino con corenta traballos nos que non hai unha historia para ser contada, unha aventura que debuxar. Só hai emocións, olladas, sentimentos íntimos que son convertidos en imaxes. «Dos nom

POESÍA Y REDES SOCIALES

Imaxe
Quizás las musas griegas estarían sorprendidas de encontrar tantos poetas navegando a través del ciberespacio pero el progreso y las tecnologías no entienden de tradición. Y aquí estamos con una legión de vates modernos cabalgando a través de las redes sociales. Este fenómeno se expande por la web a través de blogs, tuits, tumbrl y Youtube y cuenta con miles de seguidores y likes . Es aquí donde aparece nuestro poeta moderno, Defreds , seudónimo de José Ángel Gómez Iglesias. Desde aquí os recomendamos una lectura de su primer libro de prosa poética, Casi sin querer: versos artesanos y sencillos para una época de vértigo.